Como xa vos adiantamos neste blog, o
venres constituíase o Comité de Seguridade e saúde, e queremos informarvos de que o goberno municipal comezou a reunión recoñecendo a súa
controversia, e dicindo que o procedemento polo que eles aseguraban
xa fora constituído non fora o adecuado, polo cal, dende o venres,
de forma legal o Concello de Betanzos xa conta con Comité de Seguridade e Saúde.
Os delegados de prevención xa os
nomeamos en varias ocasións, e os representantes do goberno son: Verónica Chaves, Daniel Pereiro, Antonio Vazquez e Diego Fernández, como secretario
foi nomeado por parte do Goberno Antonio Vara.
O máis destacado da reunión é a
predisposición do goberno en cooperar para mellorar todo o que se
poida, polo menos de palabra ata o momento, xa veremos a partir de agora, pois xa nos
ten acostumados a promesas que non cumpre.
Por outra banda queremos informarvos de que as
revisións serán entre o 7 e o 10 de maio, ambos os dous incluidos, nunha unidade móbil que se instalará
no Centro de Formación Ocupacional, e que serán revisións
específicas, é dicir, adaptadas en función do sector de traballo, tal e como os delegados de prevención da CIG lle propuxeran
ao concelleiro de persoal nunha reunión mantida con el o 22 de
marzo.
Novas relacionadas:
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario