ACCIDENTE
LABORAL
O
traballador perdeu o equilibrio e caeu ao chan dende uns 3,5 metros
de altura, as secuelas do accidente producíronlle incapacidade
permanente total por accidente de traballo. O xuíz condenou á
empresa titular do centro de traballo e á empresa contratista como
responsables solidarias do devandito accidente.
O
18 de xuño de 2008 o traballador da empresa Honorio Vega SL acudiu
ao centro de traballo da empresa Metalúrxicas Garcimor SL co fin de
recoller determinada carga de ferralla e transportala nun camión de
Honorio Vega SL a unha localidade de Castelló. Na prestación do
servizo de transporte por parte de traballadores dependentes de
Honorio Vega SL, persoal de Metalúrxicas Garcimor SL cargaba o
material a transportar na caixa do camión pertencente a Honorio Vega
SL.
Os
camións contaban cunha plataforma instalada na parte traseira da
caixa, dotada de varanda, dende a que o condutor, colocado á altura
do bordo superior traseiro da caixa, accionando unha manivela
volteaba o dispositivo de recollida do toldo, de maneira que se
despregaba e estendía ao longo da caixa e cubría a carga evitando
desprendementos durante o transporte. Ese procedemento de toldado non
resultaba posible cando a carga superaba a altura da caixa do camión,
supostos nos que o traballador por conta de Honorio Vega SL se vía
obrigado a subir á caixa e desprazarse por enriba da carga, para
correr a man e tensar axeitadamente o toldo, sorteando os enganches
coa carga.
O
18 de xuño de 2008 un traballador, unha vez cargada a caixa do
camión viuse na necesidade de subir e colocarse sobre a carga para
estender o toldo, dado que as pezas sobresaían da altura da caixa do
camión e estaban incorrectamente distribuídas. Nesa situación o
traballador perdeu o equilibrio e caeu ao chan dende uns 3,5 metros
de altura, as secuelas do accidente producíronlle incapacidade
permanente total por accidente de traballo. O xuíz condenou á
empresa titular do centro de traballo e á empresa contratista como
responsables solidarias do devandito accidente.
Fronte
á sentenza de instancia que estima en parte a demanda do actor en
reclamación de danos e prexuízos derivados de accidente de
traballo, interpoñen recurso a representación letrada da Entidade
Aseguradora Allianz, S.A. e a da empresa codemandada Honorio Vega.
Engade
o recurso que a empresa non lle obrigaba a subirse ao camión para
poñer o toldo de forma inadecuada pois se a carga estaba mal habería
de ser a empresa cargadora a que realizase as correccións necesarias
para que a carga estivese ben e en todo caso dotar ao traballador dos
medios seguros para facelo como é a colocación de pasarelas ou
arnés de seguridade e doutro lado que a vixilancia que pode exercer
a empresa se ve claramente limitada neste caso xa que a carga se
realiza nun centro de traballo situado a centos de quilómetros das
instalacións de Honorio Vega.
Finalmente
consta no relato fáctico que na avaliación de riscos laborais de
Honorio Vega, S.L., figura a caída a distinto nivel, como un dos
riscos previstos no posto de traballo de condutor cando houbese que
subir á caixa do camión e a prevención estimada pasaba por estudar
a posibilidade de colocar algún medio para evitar a caída,
habilitar un posto de ancoraxe fixo e seguro para ancorar o mosquetón
de seguridade con corda de menos de 1 cm de lonxitude e arnés e que
se ben entre ambas as dúas empresas se cruzaron documentos relativos
á prevención de riscos laborais, Honorio Vega, S.L. non solicitou á
empresa principal as regras de seguridade nin se informara das
medidas que aplicaba Garcimor, S.L.
Conclúese
con que o accidente é tanto froito do incumprimento da empresa
principal da súa obriga de proporcionar medios preventivos tamén
desta última (empregadora do actor) que soubo do risco e o consentiu
posto que era coñecedora das condicións en que se vía obrigado
aquel a colocar o toldo.
Fonte:
http://portaljuridico.lexnova.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario