Uns
meses despois nunha Mesa Xeral de Negociación o concelleiro de
Persoal indicou que a CIG o solicitara e que, nun principio, non
habería problema, mais non chegou a ningún acordo en concreto na
devandita Mesa nin a día de hoxe se publicou ningunha Resolución da
Alcaldía onde se indica nada ao respecto e o que é peor SETE MESES
DESPOIS A CIG SEGUE SEN RESPOSTA, e moito nos tememos que até uns
días antes do día que podería ser compensado non se informe ao
persoal, coma sempre, tarde, mal e arrastro e cos problemas que iso
supón especialmente en departamentos en que o persoal se distribúe
en quendas.
Non
é menos certo que hai delegados sindicais que representan a
funcionarios que dan por feito a existencia dun día máis libre e
mesmo informan de tal, mais, como sempre, o que está escrito existe
e o que non é susceptible de non facelo, por tanto, mentres non haxa
comunicación por escrito nós estamos informando a todo o persoal de
que está solicitado mais non acordado nin resolto e non se debería
solicitar porque pode ser denegado (non é a primeira vez que se
denega o dereito a un desfrute semellante cunha notificación a un
traballador), aínda así e no caso de que saibamos que este dereito
xa o está a desfrutar o persoal funcionario cando ao persoal laboral
aínda non se lle concedeu iniciaremos todas as reclamacións
pertinentes que consideremos oportunas por discriminación laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario