Rodearon
en manifestación o Parlamento de Galiza
Delegados
e delegadas de todos os sectores da administración pública e de
todas as organizacións sindicais concentráronse este martes diante
do Parlamento de Galiza contra as políticas contiuístas do Partido
Popular tanto no goberno central, como na Xunta de Galiza. A
mobilización, convocada pola Plataforma Galega en Defensa dos
Servizos Públicos, coincidiu co pleno do Parlamento no que se
aprobaron os orzamentos da Xunta para 2014.
Durante
a protesta, e tras un tempo concentradas/so, saíron en manifestación
rodeando o Pazo do Hórreo, pero aínda que cursaran os permisos
pertinentes na Delegación do Goberno, tiveron que facelo pola
beirarrúa na maior parte do traxecto por orde dos efectivos
policiais que acordonaban os accesos á sede parlamentaria.
Ao
remate da mobilización deuse lectura a un manifesto no que se
denuncia que as políticas que se veñen aplicando desde o ano 2009
están a provocar a desaparición dos servizos públicos e agravan
aínda máis a profunda crise económica na que nos atopamos inmersos
“precarizando as condicións laborais dos seus/súas
traballadores/as e provocando máis paro no sector público”.
Acusaron
ao PP de aumentar a carga de traballo coa non reposición de
profesionais co único obxectivo de eliminar o sector público
facendo desaparecer servizos públicos e manifestaron a súa máis
rotunda oposición á taxa cero de reposición, á conxelación
salarial e ao recorte das pagas extra.
Do
mesmo xeito proclamaron o seu rexeitamento á privatización dos
servizos públicos; ao incremento da xornada laboral; aos descontos
por baixas médicas; á destrución de emprego público e á
desaparición dos servizos públicos.
Fronte
a isto demandaron o fomento de emprego público estable e de
calidade; reclamaron a recuperación do poder adquisitivo perdido e
das pagas extras íntegras e exixiron a recuperación de todos os
dereitos laborais.
Responsabilizaron
á administración de ser a salvagarda dos servizos públicos e dos
seus traballadores e traballadoras. “Esa responsabilidade tamén a
ten o grupo parlamentar do PP no Parlamento de Galiza e no Parlamento
Español, como responsábel último da aprobación de todas estas
medidas”, denunciaron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario