Non
nos están a regalar nada, estannos devolvendo os céntimos da carteira
que nos roubaron
NO
BOE
do sábado, 21 de decembro de 2013,
publicase a Lei
Orgánica 9/2013, de control da débeda comercial no sector pública.
Nesta lei inclúese, na súa disposición adicional 4ª, unha
modificación lexislativa no EBEP que recolle que, a partir do 22 de
decembro, serán 4
os días por asuntos persoais os
que terán, con carácter básico, todas as traballadoras e
traballadores públicas afectados por esta norma.
Xa
que logo, este
día adicional de asuntos persoais pode gozarse con cargo ao 2013.
A CIG púxose en contacto con director xeral de Función Pública
solicitando unha ampliación do período para o seu goce, que
actualmente remata o 31 de xaneiro do seguinte ano. Segundo
información do director xeral, antes de final de ano van sacar unha
breve instrución sobre este tema na que contemplan a ampliación
deste prazo.
Cómpre
lembrar que para o 2014 hai 2 festividades de carácter estatal que
coinciden en sábado. Consonte ás instrucións
de vacacións, permisos e licenzas,
habería que sumar 2 días adicionais por asuntos persoais a eses 4
recoñecidos agora no EBEP. Xa que logo, serían un total de 6 os
días con cargo a este permiso os dispoñibles no 2014 para o persoal
da Xunta de Galiza.
Os
“moscosos” chámanse agora “montoros”
Durante
o último trimestre deste ano estivo soando nos medios o ruxe-ruxe de
que as traballadores e traballadores públicas ían ver recuperados
os 6 “moscosos” de partida: primeiro
que si,
que non
só sería para o persoal de Xustiza
e
ao final que concretouse nun
só día.
De novo, volvemos ver unha utilización política miserable dun
dereito laboral, un dos máis pequenos pero tamén dos máis
controvertidos publicamente.
Convén
recordar que a orixe
dos moscosos
data
de comezos dos anos 80 cando o Goberno socialista de Felipe González
no canto de recuperar o poder adquisitivo do persoal das
Administracións trocouno por varios días ao ano de libre
disposición; uns días que, cómpre sinalar, non só un privilexio
das traballadoras e traballadores públicos senón que aparecen
recollidos en moitos convenios colectivos. Agora de novo, vemos outra
utilización similar: no canto de devolvernos todo o que nos teñen
roubado, desta volta para rescatar á banca, agasállanos polo Nadal
con 1 moscoso adicional.
Contos
de Nadal
Dese
o ano 2010 tanto o poder adquisitivo do persoal das Administracións
como os nosos dereitos teñen caído en picado. O recorte dos
“moscosos” foi unha pequena parte de toda a ringleira dos
recortes acumulados pola Lei
de Medidas da Xunta
e
máis posteriormente polo RD
20/2012 do Estado.
Iso
por non falar de todas as agresións que fixeron tanto os Gobernos do
PP de Galiza e de Madrid contra os Servizos Públicos, diminuíndo os
seus orzamentos, amortizando postos de traballo público e despedindo
traballadoras e traballadores coas consecuencias dunha baixada de
calidade, cando non desaparición do servizo, ou ben quedando en mans
de organizacións ou empresas privadas afíns.
A
equivalencia do moscoso para o persoal das Administracións sería
como se o Estado español modificase a súa normativa para que 1 día
o ano a Sanidade pública atendese as persoas sen pedirlle papeis ou
ben que 1 día ao ano o acceso á Universidade pública fose de
“portas abertas”, sen necesidade de pagar taxas. Aínda así,
nestes casos habería un custo para as Administracións, cando no
caso dos moscosos sáenlle absolutamente gratis xa que non se cubre a
ausencia do persoal.
Como
traballadoras e traballadores públicos, pero tamén como cidadáns,
este ruín e envelenado agasallo de Nadal do ministro Montoro nin
contenta nin vai parar a espiral de mobilizacións e protestas contra
os sucesivos recortes do público en aras dos “mercados” e dos
intereses privados que representan. Por outra banda, non
nos están regalando nada, estannos devolvendo os céntimos da
carteira que nos roubaron.
Máis info en www.cigadmon.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario