Dirixidas
ao grupo parlamentar do Partido Popular
A
Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos facía entrega,
este venres, da segunda quenda de sinaturas recollidas entre as
empregadas e empregados públicos contra a taxa cero de reposición,
a conxelación salarial, o recorte das pagas extra, a privatización
dos servizos públicos, o aumento de xornada laboral, os descontos
por baixas médicas, a destrución de emprego público e a
desaparición de servizos públicos. Nesta ocasión, as máis de
5.000 sinaturas foron entregadas no Rexistro do Parlamento e
dirixidas directamente ao grupo parlamentar do PP.
María
Carme López Santamariña, coordinadora da Plataforma e da Área
Pública da CIG, explicou que as sinaturas van dirixidas ao grupo
popular no Parlamento galego, xa que, “son os responsábeis únicos
de que saísen adiante os recortes previstos nos Orzamentos do
goberno galego para 2014, aprobados grazas á maioría do PP na
cámara”.
As
máis de 5.000 sinaturas entregadas este venres no Parlamento,
súmanse ás preto de 8.000 que xa foran rexistradas o pasado mes de
outubro na Xunta, demandado do Presidente do Goberno galego que se
fomente o emprego público estábel, a recuperación do poder
adquisitivo, das pagas extra e de todos os dereitos laborais.
Dende
a Plataforma reiterouse que é responsabilidade da administración “a
salvagarda dos servizos públicos e dos seus traballadores e
traballadoras”. Denunciaron ademais a súa oposición ás políticas
continuístas que, desde o ano 2009 manteñen tanto o goberno central
como o galego nos servizos públicos, que “o único que provocan é
a súa desaparición “agravando aínda máis a profunda crise
económica na que nos atopamos inmersos, precarizando as condicións
laborais dos seus/súas traballadores/as, provocando máis paro no
sector público e aumentando a carga de traballo coa non reposición
de efectivos”.
Unha
medida que ten, segundo advertiu López Santamariña, o obxectivo de
eliminar o sector público facendo desaparecer servizos que son
esenciais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario