Ryder
puxo de manifesto que non garantir un lugar de traballo seguro e
saudable constitúe unha forma de traballo inaceptable. “Isto
coloca a seguridade e a saúde no mesmo lugar que o traballo forzoso,
o traballo infantil, a liberdade de asociación e a discriminación,
que foron recoñecidas na Declaración da OIT relativa aos principios
e dereitos fundamentais no traballo”. Guy Ryder anunciou novos
esforzos dirixidos a lograr o cumprimento das normas internacionais
sobre saúde e seguridade no traballo en todo o mundo.
O
Director Xeral da OIT, Guy Ryder instou a asumir unha cultura de
intolerancia cara aos riscos no traballo, ao dirixirse aos preto de
4.000 participantes ao XX Congreso Mundial sobre Seguridade e Saúde
no Traballo, e dixo que a seguridade e a saúde serán unha parte
integral do labor da OIT.
No
seu discurso ante os especialistas en seguridade no traballo,
políticos e científicos provenientes de 141 países reunidos en
Frankfurt, Guy Ryder explicou que os esforzos da OIT teñen o
obxectivo de producir un impacto maior na cultura mundial relacionada
coa seguridade e a saúde no traballo e no terreo.
“O
Ebola e as traxedias que está a causar están todos os días nos
titulares dos medios e é xusto que sexa así. Pero as mortes
relacionadas co traballo non son divulgadas do mesmo xeito. De
maneira que o labor que temos por diante é instaurar unha cultura de
conciencia permanente”, declarou Ryder.
Ryder
puxo de manifesto que non garantir un lugar de traballo seguro e
saudable constitúe unha forma de traballo inaceptable. “Isto
coloca a seguridade e a saúde no mesmo lugar que o traballo forzoso,
o traballo infantil, a liberdade de asociación e a discriminación,
que foron recoñecidas na Declaración da OIT relativa aos principios
e dereitos fundamentais no traballo”.
Agregou
que a seguridade e a saúde formarán parte integral do labor da OIT,
incluíndo unha atención especial cara ás categorías de
traballadores invisibles e vulnerables na economía informal, a
economía rural e os traballadores migrantes.
Salvar
vidas, aforrar diñeiro
“O
desafío que enfrontamos é abafador. No mundo, o traballo cobra máis
vítimas que a guerra: estímase que cada ano morren 2,3 millóns de
traballadores debido a accidentes ou enfermidades relacionados co
traballo”, sinalou Ryder.
Tamén
se referiu aos custos directos e indirectos dos accidentes no
traballo e as enfermidades profesionais, que a OIT estima ascenden a
2,8 billóns (millóns de millóns) de dólares. Ryder indicou que
investir na seguridade e a saúde no traballo é tamén un bo
negocio. “Cada dólar investido recupérase con fartura”.
Ryder
destacou ademais á necesidade vital de datos confiables: “Vivimos
na era da información, na cal os responsables da toma de decisións
teñen acceso a datos sobre a maioría dos temas. Pero en relación á
seguridade e saúde no traballo carecemos da información necesaria
para formular e implementar políticas e programas baseados na
evidencia. Este é un fracaso, consecuencia tamén dunha falta de
vontade política”.
Con
todo, o Director Xeral da OIT percibe algúns sinais alentadores. “A
importancia dunha protección laboral eficaz está a ascender na
axenda política mundial. No Cume de Líderes do G20, que tivo lugar
en San Petersburgo en 2013, os líderes recomendaron ao Grupo de
Traballo do G20 sobre Emprego que se asociase coa OIT para analizar
de que maneira o G20 pode contribuír con lugares de traballo máis
seguros”.
Durante
décadas, a OIT foi a responsable de establecer e promover as normas
internacional sobre seguridade e saúde no traballo en todo o mundo
-con 40 Convenios sobre SST- e é un líder na creación e difusión
de coñecementos sobre a seguridade e a saúde dos traballadores e
dos lugares de traballo.
Enlace
á páxina do XX
Congreso Mundial sobre Seguridade e Saúde no Traballo
Fonte:
OIT
Ningún comentario:
Publicar un comentario