03/03/16

Concedidos dous días adicionais de asuntos propios

Logo de que o pasado 22 de xaneiro a CIG solicitase que o Concello concedese dous días adicionais de asuntos propios para este ano 2016 en compensación do 24 e 31 de decembro, o Concello vén de informar que o persoal terá dereito a eses dous días adicionais, cunha nota informativa que descoñecemos nin quen a emite nin en que data, por tanto desde que data se poden desfrutar tales días. Na nota tampouco se fai referencia, tal e como debería constar, ao número de Resolución da Alcaldía pola cal se concede este dereito, e por este motivo o Comité solicitará por rexistro a documentación que acredita esta nota informativa que carece dos datos mínimos e que non parece propia dunha Administración local madura.
Con esta resolución, os días de asuntos propios para este ano 2016 pasan a ser 8 e a maiores os correspondentes por antigüidade para aqueles traballadores e traballadoras que teñan dereito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario