O
informe da Organización Mundial da Saúde proporciona unha primeira
análise de como interactúan entre si o cambio climático, o xénero
e a saúde. No informe documéntanse os datos dispoñibles con
relación ás diferenzas que existen entre ambos os sexos en canto
aos riscos para a saúde que poderían acentuarse a consecuencia do
cambio climático, e respecto das medidas de adaptación e mitigación
que poden contribuír a protexer e promover a saúde.
Os datos procedentes de estudos de
diversos casos indican que a incorporación dunha análise de xénero
pode aumentar a eficacia das medidas adoptadas para protexer á
poboación fronte á variabilidade e o cambio climático.
No informe se indica que a
vulnerabilidade das mulleres e os homes ante os efectos dos fenómenos
meteorolóxicos extremos está determinada non só pola bioloxía,
senón tamén polas diferenzas nas súas funcións e
responsabilidades sociais, que aínda que varían, existen en todas
as sociedades.
Os autores do informe adoptaron un
enfoque centrado na avaliación de riscos, ao examinar os datos
dispoñibles sobre as diferenzas entre homes e mulleres no que
respecta á vulnerabilidade. O cambio climático é un proceso lento
que se desenvolve nun contexto dominado por fenómenos climáticos
variables e transitorios, onde actúan moitos outros factores que
afectan á saúde humana. Hai datos sólidos sobre as diferenzas
entre homes e mulleres nas consecuencias para a saúde da
variabilidade climática a curto prazo e de factores nos que inflúe
o clima, como a malnutrición e a incidencia de enfermidades
infecciosas. Emprégase esa información para avaliar as diferenzas
de xénero máis previsibles no que respecta aos riscos para a saúde
e as intervencións emprendidas ao longo de períodos de tempo máis
longos relacionados co cambio climático.
Ningún comentario:
Publicar un comentario