Demanda ademais a derrogación do
Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM)
A CIG vén de responder por escrito ao
Director Xeral de Traballo, Angel Allué, en relación co Borrador do
Real Decreto polo que se fixa o salario mínimo interprofesional, que
manterá a súa posición en defensa de que para 2019 este se sitúe,
tal e como recomenda a Carta Social Europea, en cando menos o
60% do salario medio.
Tal e como explica o secretario
confederal de Negociación Colectiva, Francisco González Sío, na
misiva a demanda da CIG respecto do incremento do SMI fundaméntase
“na necesidade urxente de acabar co empobrecemento xeneralizado dos
salarios e das rendas de traballo, como se constata no Informe sobre
Ingresos Salariais 2017, realizado polo Gabinete Técnico Confederal
da central sindical.
Ao tempo a CIG demanda a derrogación
do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) e a
utilización do salario mínimo interprofesional “como única
referencia de indicador público para os efectos de fixar a contía
de calquera tipo de prestación social pública”. Para Sío, de
feito, “é un contrasentido ir incrementando o SMI sen eliminar o
IPREM”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario