No DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 publícase a RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2019 pola que se convocan actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.
Poderán participar nas accións formativas o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais e da administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo), que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/ha familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario