O Tribunal considera que, dada a índole
do traballo, en ambos os casos é imprescindible verificar se o
estado de saúde do traballador pode constituír un perigo para o
mesmo, para os demais traballadores ou para outras persoas
relacionadas coa empresa
Esta sentenza revisa, tras recurso das
seccións sindicais, o pronunciamento previo do TSX de Madrid,
que afectou a tres grupos de traballadores do Parque Móbil do
Estado: condutores, persoal de mantemento con traballos en altura e
persoal de taller con posible exposición a ruído e/ou vibracións e
produtos canceríxenos.
Sobre estes, a resolución do TSX
foi:
a) Condutores: obrigatorio.
…Parece difícil negar, tal como o
fan os recursos, que a actividade da condución xere riscos
específicos para o propio condutor e para terceiros, pois a
experiencia cotiá desgraciadamente desménteo, como feito notorio,
de todos coñecido, que non necesita de maiores explicacións.
…Entendemos que, dada a índole do
traballo para realizar, resulta de aplicación a excepción á regra
de voluntariedade do traballador prevista no art. 22.1 da LRPL
cando se refire aos supostos en que a realización dos recoñecementos
sexa imprescindible para verificar se o estado de saúde do
traballador pode constituír un perigo para o mesmo, para os demais
traballadores ou para outras persoas relacionadas coa empresa. Mesmo,
aínda que non o diga a lei, a interpretación máis razoable ha de
levar a incluír o perigo para terceiros, persoas alleas á empresa,
neste caso os demais transeúntes da vía pública.
O dereito á intimidade persoal cede
neste caso ante o risco específico do posto de traballo (como se
apreciou na sentenza do TS antes citada de 10-6-15) que se proxecta
sobre o propio traballador, sobre as persoas a quen debe transportar
e sobre os demais condutores e peóns.
b) Persoal de mantemento con traballos
en altura: obrigatorio.
Este caso é similar ao anterior, pois
o risco ao que se expón, evidentemente o de caídas, é tan notorio
que non necesita maior detemento. A posta en risco específico do
propio traballador e dos seus compañeiros de traballo xustifica, do
mesmo xeito que no caso anterior, a excepción á regra xeral de
voluntariedade.
c) Persoal de taller con posible
exposición a ruído e/ou vibracións e produtos químicos
canceríxenos: voluntario, ao carecerse de medicións.
…non é posible admitir unha
obrigatoriedade de recoñecementos médicos sen que conste de ningún
xeito cales son as circunstancias en que se desenvolve o traballo de
taller. En efecto, descoñécese mesmo se concorren realmente os
factores indicados (fálase de "posible" exposición) e de
existir, en que medida e circunstancias produciríase a exposición
ao ruído, vibracións, ou produtos químicos canceríxenos.
O recurso presentado polas seccións
sindicais refírese unicamente ao primeiro grupo, os condutores.
Para acudir ao TS en recurso de
casación para unificación de doutrina, requírese unha sentenza de
contraste, é dicir, que haxa resolvido en sentido contrario.Neste
caso, presentouse a do TSX da Comunidade Valenciana de xaneiro
2013, referente a condutores de autobuses metropolitanos, que
determinou o carácter voluntario dos recoñecementos.
Ligazón á Sentenza do TribunalSupremo
Ningún comentario:
Publicar un comentario