01/06/20

Hoxe abre o prazo de alegacións á aprobación inicial da RPT do Concello de Betanzos

Tendo en conta a apertura dos prazos dos procedementos administrativos do día 1 de xuño, e que a RPT de Betanzos foi publicada no BOP n.º 51, do 16 de marzo de 2020, durante o estado de alarma e a suspensión dos prazos administrativos, hoxe abre o prazo de presentación de alegacións á RPT do Concello de Betanzos, e estará aberto durante os próximos 15 días hábiles, é dicir, ata o 19 de xuño.
Non obstante, e tendo en conta que as oficinas municipais de Betanzos seguen pechadas a pesar de que hai prazos administrativos abertos, hai que lembrar que que segundo a Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas as persoas interesadas , ademais de na oficina de Rexistro Xeral do Concello de Betanzos poderán presentar os documentos:
a) No rexistro electrónico da Admón. á que se dirixan (https://sede.betanzos.gal/opencms/es/).
b) Nas oficinas de Correos
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranceiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materio de rexistros
Lembrámoslle ao persoal que se ten calquera consulta sobre este tema pode dirixirse a calquera dos delegados da CIG.
A Confederación Intersindical Galega, tal e como xa anunciou no seu momento e e indicou nas oportunas Mesas Xerais de Negociación, así como á propia Alcaldía nunha reunión, realizará alegacións a esta RPT excluínte, inxusta e discriminatoria para o persoal laboral e no caso de que estas sexan desestimadas polo Pleno continuará co procedemento oportuno no organismo que procede, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao que lle trasladará todas as irregularidades manifestas que considera que ten o documento aprobado polo goberno municipal do PSOE co apoio do sindicato dos funcionarios (CSIF), e dos propios laborais que o representan, así como o presidente do Comité de Empresa, Santiago Ois.

Ningún comentario:

Publicar un comentario