Logo de solicitalo en varias ocasións, a CSIF vén de convocar a reunión ordinaria do Comité de Empresa e tratarase, entre outros puntos propostos pola CIG o posicionamento do Comité de Empresa sobre a Relación de Postos de Traballo do Concello de Betanzos que vén de se aprobar incialmente.
A CIG presentaralle ao Pleno do Comité de Empresa a seguinte proposta para a súa aprobación e solicitará o apoio de CSIF e UGT:
PRIMEIRO.
Que o Comité de Empresa presente alegacións á aprobación inicial
da Relación de Postos de Traballo do Concello de Betanzos, publicada
no no Boletín Oficial
da Provincia núm. 89,
do 17 de xuño de 2020 e en virtude da exposición pública á
que a relación de postos de traballo está sometida durante quince
días e a apertura do prazo de reclamacións ante o pleno dende o día
seguinte á súa publicación no BOP, durante o cal os interesados
poderán presentar as alegacións que consideren oportunas.
SEGUNDO. Que fundamente
as alegacións á aprobación inicial da Relación de Postos de
Traballo sobre a base de que é un documento excluínte e
discriminatorio para o persoal laboral do Concello de Betanzos
segundo o seguintes motivos:
- A RPT elimina 68 postos de persoal laboral e amortízaos con respecto ás anteriores relacións de postos de traballo e cadros de persoal existentes.
- A RPT incumpre o artigo 79 do Convenio colectivo do persoal laboral vixente.
- A RPT exclúe do organigrama municipal á maior parte do persoal laboral, que fica fóra da estrutura organizativa.
- A RPT incumpre varias sentenzas xudiciais do persoal laboral na creación dos postos.
- A RPT rebaixa os grupos e categorías profesionais dos postos do persoal laboral actuais e recollidos no Convenio colectivo.
- A RPT carece dun sistema de valoración dos postos de traballo equitativo entre o persoal laboral e o funcionariado e redunda nas discriminacións salariais actuais, nomeadamente do complemento de destino e do complemento específico.
TERCEIRO. Que a
presidencia do Comité de Empresa realice as xestións oportunas para
presentar estar alegacións en prazo, é dicir, antes do 9 de xullo
de 2020.
Ningún comentario:
Publicar un comentario