Este
martes 31 de xullo ás 20:30 h na Casa do Concello está convocado o
pleno onde o goberno local pretende aprobar os orzamentos e a nova
RPT logo de lle negar a posibilidade de negociación aos
representantes sindicais. Neste pleno o goberno local intentará
modificar postos de traballo, funcións e retribucións de moitos dos
postos que compoñen esa relación e en moitos casos sen mesmo
comunicarllo aos compañeiros afectados. Varios delegados da CIG
asistiremos ao pleno para coñecer de primeira man as escusas do
goberno municipal para continuar coas irregularidades en materia de
persoal.
Animamos a todos os traballadores a que asistan porque neste
pleno trataranse cuestións de máxima importancia para todo o
persoal deste Concello e xa que o Concello non convoca nin negocia
como é debido é preciso coñecermos de primeira man que é o que
pretende o PSOE de Betanzos e logo poder tomar as medidas oportunas
en consecuencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario