A mediados do mes pasado
o Comité de Empresa solicitou unha reunión co concelleiro de
Persoal para tratar diversos temas que lle afectan ao servizo de
limpeza, segundo nos trasladaron distintas compañeiras que están a
padecer en propia carne a escasez de persoal entre outros moitos
problemas que se veñen arrastrando dende hai moito tempo e que son
produto da desorganización tan propia deste Concello.
Ademais intentaremos
darlle traslado doutros temas non menos importantes que compañeiros
e compañeiras nos trasladan diariamente, unha vez que o Concello,
polo que parece, non pensa convocar Mesa Xeral de Negociación a
pesar de que xa case vai para dous meses que o Comité de Empresa
solicitou que se convocase por distintos problemas que lle afectan ao
persoal laboral deste Concello e que son materias obxecto de
negociación, por moito que esta Administración teime en non
abandonar as vellas formas e pasar por alto das demandas dos
representantes dos traballadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario