A sección sindical da CIG tomou a determinación de comezar a traballar nas propostas que en materia de igualdade se ve na obriga de lle trasladar ao Concello logo de observar a inoperancia do Plan de Igualdade en materia laboral no propio Concello e as consecuencias que esta provocou en determinados casos.Debido a isto adoptouse o acordo de facerlle chegar por rexistro as consideracións en relación ao II Plan de Igualdade de Oportunidades no Concello que Betanzos que vos trasladamos a continuación:
A maiores enviáronse as principais propostas á caixa de correo da igualdade que o Concello habilitou, unha vez aprobado o Plan para recibir suxestións do II Plan de Igualdade e que agardamos que se difundan, tal e como se indica no artigo 1.3.2 do propio texto. Igualmente, tal e como lle propoñemos ao Concello debe ter en conta ao propio persoal para a posta en marcha de medidas en materia de igualdade e comezar a aplicar dentro da propia Administración o que se predica de portas para fóra.
Tendo
en conta que un plan de igualdade é un acordo estratéxico que
vincula a toda a corporación municipal e a toda a cidadanía,
consideramos que os pasos dados polo grupo de goberno para a súa
negociación foron inexistentes, xa que este documento debería ser
froito da participación de todos os entes sociais, a través da
convocatoria de distintas reunións co persoal do concello, unha
representación do movemento asociativo de Betanzos (centro de saúde,
asociacións deportivas, asociacións culturais, entidades
recreativas, etc) .
Neste
senso, debería indicarse se o compromiso político para levalo a
cabo foi aprobado en comisión ou en pleno, dado que debe gozar do
consenso do conxunto dos axentes implicados.
Tamén
sería necesaria unha breve reflexión ao respecto das áreas nas que
se incidiu máis á vista dos resultados avaliados no I Plan, dados
que non aparecen reflectidos en ningunha parte. De feito, previamente
ás accións debería aparecer a xustificación da necesidade da
elaboración do segundo plan, indicando o grao de cumplimento e
efectividade das accións contempladas no plan anterior.
Discrepamos
coa lexislación que se nomea no marco autonómico como
normativa de referencia en materia de igualdade. É evidente que esta
normativa existe, e está aprobada, mais cómpre indicar que non só
non contou co respaldo do movemento feminista, senón que foron mesmo
cuestionados por organismos autónomos tales como o Consello
Económico e Social de Galicia ditaminando informes contrarios á
norma, definíndoa como normativas ultraconservadoras contrarias aos
dereitos das mulleres, como é o caso da Lei de apoio á familia e a
convivencia, e no caso de normativas antiabortistas, cun marcado
carácter ultrarelixioso como son a Lei de apoio á muller
embarazada. Mesmo indícase como marco lexislativo a eliminación do
Servizo Galego de Igualdade como organismo autónomo, co retroceso
que esta iniciativa supuxo en materia de igualdade de oportunidades.
Os
obxectivos son moi xenéricos. Non se achegan accións concretas, nin
mecanismos de seguimento e avaliación, temporización destas,
vinculación cos departamentos responsables, nin orzamentos
destinados para a súa posta en marcha.
Por
outra banda, asúmense compromisos no
plan, como é o caso da actuación 1.4.6, dirixida a
informar periodicamente ao persoal municipal das novidades en materia
de dereitos laborais e facilitar a conciliación da vida persoal,
laboral e familiar, que reiteradamente se incumpren (denegación de
permisos relacionados coa conciliación, arbitrariedade na concesión,
etc.).
Neste
sentido, é preciso indicar que o plan debería conter medidas
específicas dirixidas a acadar a igualdade de oportunidades entre
homes e mulleres no propio cadro de persoal do Concello, tanto no que
atinxe ao persoal laboral como ao funcionario, cuestións estas que
nin se abordan no texto, nin foron propostas a representación
sindical durante a redacción do plan, a pesar de indicar que o II
Plan vai dirixido ao persoal municipal.
Por
outra banda, consideramos que non pode
existir transversalidade cando a responsabilidade de coordinar e
impulsar o plan de igualdade correspóndelle ao departamento de
servizos sociais. Se verdadeiramente hai un
compromiso de toda a corporación, entón debería nomearse unha
persoa responsábel en cada unha das áreas.
E
por último, en caso de que o grupo de
goberno teña en consideración o conxunto destas
eivas, e, por tanto, reinicie o proceso de
elaboración do plan, asumindo de xeito colectivo o
compromiso político en materia de igualdade (a asunción da
transversalidade), debatendo co persoal as medidas a implantar, e
recollendo as aportacións do movemento asociativo, social, cultural
e sindical do Concello de Betanzos, será preciso, por tanto,
convocar un comité de seguimento que,
á vista do resultado da avaliación do primeiro plan, faga propostas
para este segundo e quede emprazado para participar no intercambio de
información para a mellor concreción das accións recollidas nel. O
comité de seguimento deberá estar integrado por unha representación
política, técnica e do tecido asociativo, alén da representación
sindical, debendo estabelecerse unha periodicidade das súas
reunións.
A maiores enviáronse as principais propostas á caixa de correo da igualdade que o Concello habilitou, unha vez aprobado o Plan para recibir suxestións do II Plan de Igualdade e que agardamos que se difundan, tal e como se indica no artigo 1.3.2 do propio texto. Igualmente, tal e como lle propoñemos ao Concello debe ter en conta ao propio persoal para a posta en marcha de medidas en materia de igualdade e comezar a aplicar dentro da propia Administración o que se predica de portas para fóra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario