A
área pública da CIG rexeita o proxecto de Orzamentos da Xunta
porque afondará na perda de emprego e o desmantelamento dos servizos
básicos
A
pesar da intensa choiva e do forte vento, miles de persoas
participaron na tarde deste xoves nas manifestacións convocadas
polas organizacións sindicais que integran a Plataforma en Defensa
dos Servizos Públicos nas sete cidades galegas. A protesta dá
continuidade ás mobilizacións que o persoal vén realizando no
último ano contra os recortes salariais e laborais impostos polos
distintos gobernos do PP e pola defensa duns servizos públicos de
cualidade.
A
Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, integrada por CIG,
CCOO, UGT, CSI•F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, STEG, ANPE, USO, USTG,
CGT, STAJ, SIAT e ACAIP, acordou convocar estas mobilizacións contra
as medidas que vén de aprobar a Xunta de Galiza que empeoran as
condicións laborais e salariais das empregadas/os públicos/as e
deterioran, aínda máis, os servizos públicos.
A
Secretaria da CIG-Administración Pública, Maricarme López,
sinalaba que o máis grave do contido dos Orzamentos da Xunta para
2013 (que reforzan e sobrepasan as restricións previstas os
Orzamentos do estado) radica en que van provocar a desaparición non
só de servizos públicos, senón tamén de unidades enteiras de
traballo por mor das taxas de reposición 0, a non cobertura de
vacantes e a amortización explícita que determina o artigo 24 do
anteproxecto de Lei de orzamentos.
Deste
artigo despréndese a perda de case 1.200
prazas directas da
administración xeral galega, sen contar as futuras vacantes que se
vaian producindo. Afondando así no deterioro da calidade dos
servizos prestados. Por iso, a responsábel da CIG-Administración
reiterou que “é responsabilidade de toda a sociedade en xeral
recoñecer e pór en valor a función e importancia que teñen os
servizos públicos e dar resposta aos ataques inxustificados e
agresivos que estamos a sufrir todos e todas os que traballamos nos
mesmos”.
Desmantelamento
da sanidade e o ensino público
Pola
súa banda, a Secretaría da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, valorou
a necesidade de mobilizarse para frear as agresións que veñen
padecendo as traballadoras e traballadores do sector público,
nomeadamente da sanidade, e fixo especial fincapé no desmantelamento
da Sanidade Pública. “O PP entende que no canto de ser un servizo
público, é un ben co que poden lucrarse e facer negocio favorecendo
a empresarios amigos”, afirmou.
Alertou
ademais que, de seguir coa destrución de emprego no sector
sanitario, de inmediato será inviábel prestar unha asistencia de
calidade rachando a equidade no acceso xa que só poderán
recibir asistencia aquelas persoas ás que así llo permita a súa
economía.
O
Secretario da Federación de Ensino da CIG, Anxo Louzao, advertía
que “estamos aquí para facerlle fronte á liquidación dos
servizos públicos que supoñen os orzamentos para o 2013. O PP
utiliza a crise para recortarlle dereitos aos traballadores e
traballadoras, desmantelar servizos que deben ser universais, como o
ensino público, e roubarnos parte do noso salario”. Neste
senso lembrou que, ademais da supresión da extra de nadal, o Goberno
de Feijoo, novamente na vangarda dos recortes, xa aprobou un redución
do salario dos/as empregados/as públicos/as para o 2013, que pode
chegar ao 6%.
Por
outra banda,matiza Louzao, “a tesoira que a Xunta lle meteu aos
orzamentos en Educación, un 6,63%, evidencia que o PP goberna en
funcións dos intereses da patronal do ensino privado concertado e
non das necesidades do ensino público e das clases sociais máis
desfavorecidas”.
As
manifestacións estiveron precedidas polas accións de protesta que
os empregados/as das administracións desenvolveron esta mesma mañá
diante dos distintos centros de traballo de todo o País, como xa vén
sendo habitual dende hai meses.
Manifesto
conxunto ao remate das manifestacións
As
Organizacións Sindicais con representación no Sector Público
autonómico rexeitan as medidas do Goberno
Dende
o inicio da crise económica, no ano 2009, os Servizos Públicos e
empregados/as Públicos, vivimos un permanente acoso que pretende a
fin do Estado de Benestar que construímos con permanentes loitas e
conquistas que fomos conseguindo ao longo de moitos anos.Esta
agresión que os empregados/as públicos sufrimos pódese resumir nun
case estado de excepción, no que se nos nega a negociación das
relacións laborais sendo sometidos a un agresivo frenesí normativo
que dita por decreto as nosas condicións de traballo, reducindo
progresivamente os dereitos adquiridos ao longo de décadas. A
salientar:
1º. Rebaixa
salarial anual nunha media do 5%, en determinadas categorías de ata
o 9%, no 2010 (RD Lei 8/2010), cun IPC do 2,9%. Ao tempo utilizábase
como coartada que a porcentaxe de empregados/as públicos, dun 9,5%,
era elevada obviando que a media da UE era do 16%, cun altísimo
crecemento do emprego público dun 1% na última década, para unha
poboación que medraba en 6 millóns de persoas. Tamén se esquecen
que somos o país da UE que en termos porcentuais menos investimento
efectúa no emprego público tal e como reflicte o elevado número de
traballadores e traballadoras que son mileuristas.
2º. Conxelación
salarial no 2011, que levou aparellada a conxelación de Ofertas de
Emprego Público (Lei 39/2010, de Orzamentos Xerais do Estado), cun
IPC do 2,4%.
3º. Supresión
de dereitos e acordos sobre Xornada laboral (RDL 20/2011), e outros
dereitos conseguidos.
4º.
Ampliación da xornada mínima nas administracións, (Lei 2/2012, de
Orzamentos Xerais do Estado), nova conxelación salarial, mantendo
pagas extraordinarias reducidas e abundando na imposibilidade de
incrementar as taxas normais de reposición de efectivos.
5º. Reforma
Laboral, RD Lei 3/2012, que introduce o despedimento colectivo e
individual do persoal laboral do sector público, por causas
económicas, técnicas e organizativas. Expedientes que soamente
poden ser de extinción de posto de traballo, non de redución de
xornada ou suspensión temporal de contrato.
6º. Supresión
de días adicionais de vacacións. Reducen os días de asuntos
propios (APs) que pasan a ser unicamente 3 ao ano. Supresión da paga
extraordinaria do Nadal (o que significa un 7% de redución salarial
anual). Supresión dos acordos e pactos de dereitos sindicais.
Anúlase a posibilidade de xubilación parcial dos funcionarios, así
como as melloras económicas en IT, RD Lei 20/2012, e Lei 1/2012
Galiza.
Como
novo ataque aos empregados/as públicos elabórase un anteproxecto de
Lei que reduce o salario nunha media dun 4% para o ano 2013, en
determinadas categorias de ata o 6%, minorando as pagas
extraordinarias arredor dun 40%.
Por
iso, dicimos basta, xa abonda, e rexeitamos esta nova medida en
contra dos empregados/as públicos de Galiza, que sumará unha perda
en tres anos de máis do 20% de salario.
Xaneiro
de 2013. POLA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario