Hoxe
tivo lugar a cuarta reunión da Comisión Negociadora do Convenio.
Ata o momento, e dende que o convenio foi denunciado polo Comité de
Empresa en setembro de 2011, as reunións, foron, dende o punto de
vista da CIG, demasiado dilatadas, o que dificulta enormemente a
negociación. Isto unido a que hai máis dun ano que o convenio foi
denunciado e o Concello ten a proposta entregada polo Comité de
Empresa desembocou nunha postura moi clara por parte da CIG de cara a
esta Comisión Negociadora.
Ata
o momento, as reunións desta Comisión foran as seguintes:
24/10/2011
(Constitución)
28/03/2012
(Capítulos I e II)
12/06/2012
(Art. 14 Capítulo II, Capítulo III-IV)
18/01/2013
(Art.21-40)
E
o certo é que tendo en conta que este mesmo ano o persoal laboral
podía quedar co convenio colgado debido ás medidas aprobadas no ano
2012 polo Partido Popular a nivel estatal dende a CIG decidimos
aproveitar a reunión para intentar apresurar a negociación e
presionar para que o goberno municipal se comprometese a darlle o
pulo definitivo a esta negociación. Por iso lembrámoslle ao goberno
municipal que na constitución da Comisión negociadora a CIG
propuxera marcar un calendario semanal ou quincenal coa idea de non
dilatar a negociación do convenio e o propio concelleiro de Persoal
amosara a súa dispoñibilidade para o facer e solicitámoslle que
dunha vez por todas se fixera para encamiñar definitivamente a
negociación do convenio. Desta volta o Concello amosouse receptivo e
acordouse marcar a data xa da vindeira reunión para non dilatar máis
esta negociación.
A
maiores, negociáronse dos artigos 21 ao 40 do convenio colectivo e
podemos destacar, por tanto, que xa hai acordo con respecto aos
seguintes capítulos:
- DISPOSICIÓNS XERAIS
- SEGUIMENTO E CONTROL
- SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLITOS COLECTIVOS
- DEREITOS SINDICAIS
- DEREITOS, DEBERES E CÓDIGO DE CONDUTA DOS EMPREGADOS MUNICIPAIS
- CALIDADE DOS SERVIZOS E ABSENTISMO LABORAL
A
próxima reunión da Comisión Negociadora quedou acordada para o
vindeiro xoves 31 de xaneiro e os capítulos que se tratarán so os
seguintes:
VII. CALENDARIOS LABORAIS, XORNADAS E HORARIOS
VIII. VACACIÓNS, PERMISOS, LICENZAS E SITUACIÓNS
ADMINISTRATIVAS
Dende
a CIG agardamos que dunha vez por todas esta negociación colla o
rumbo necesario para que o persoal laboral teña un novo convenio
canto antes á altura dos convenios colectivos dos do resto das administracións públicas
Ningún comentario:
Publicar un comentario