Logo de máis de seis
meses dende a última Comisión Negociadora do convenio, que está
denunciado dende outubro de 2011, de múltiples peticións tanto por
rexistro como verbalmente por parte do Comité de Empresa actual, o
Concello convocou a Comisión Negociadora do convenio para o vindeiro
venres 18 de xaneiro de 2013 ás 10:00 h na Sala de Xuntas do
edificio Liceo.
Nesta Comisión
Negociadora do Convenio do persoal laboral negociaranse os artigo do
22 ao 40 da proposta de novo convenio presentada polo Comité de
Empresa. O Concello, ademais, achegou, a acta da sesión anterior
desta Comisión, que tivo lugar o 12 de xuño de 2012 e que dende a
CIG xa estamos a contrastar cos acordos adoptamos nesa reunión. O
certo é que o feito de que o Concello atrase tanto as reunións da
Comisión negociadora dun novo convenio dificulta a análise das
propostas presentadas e contrastadas hai xa varios meses e agardamos
que esta nova convocatoria sexa a primeira de moitas que aínda ten
pendentes estes goberno municipal.
Lembrade que os
representantes do Comité pola CIG designados para a negociación do
convenio son Marcos Dopico e Silvia Muíño, para calquera dúbida ou
suxestión relacionada con este tema. Igualmente, e a pesar de que
aínda queda moito por negociar, antes de chegar a un acordo final co
Concello o Comité convocaría asemblea de traballadores para
informar das mudanzas que houbo no proceso de negociación, tal e
como se lle presentou a todos/as os/as traballadores/as antes de
iniciar un proceso de negociación co Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario