Convocan as organizacións sindicais con representación no sector público
As
organizacións sindicais con representación no sector público,
CIG, CCOO, UGT, CSI·F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, STEG, ANPE, USO,
USTG, CGT, STAJ, SIAT e ACAIP, que integran a PLataforma en Defensa
dos Servizos Públicos, convocan para o vindeiro xoves, día 17 de
xaneiro, ás 19:00 horas, concentracións en todas as cidades
galegas contra as medidas que vén de aprobar a Xunta de Galiza que
empeoran as condicións laborais e salariais das empregadas e
empregados públicos e deterioran, aínda máis, os servizos
públicos.
As
concentracións previstas son:
o
A Coruña: Delegación do Goberno.
o
Santiago: Praza do Toral
o
Ferrol: Praza de España.
o
Pontevedra: Subdelegación do Goberno.
o
Vigo: Museo MARCO
o
Ourense: Subdelegación do Goberno.
o
Lugo: Subdelegación do Goberno.
MANIFESTO
As
OOSS con representación no Sector Público autonómico rexeitan as
medidas do Goberno
Dende
o inicio da crise económica, no ano 2009, os Servizos Públicos e
empregados/as Públicos, vivimos un permanente acoso que pretende a
fin do Estado de Benestar que construímos con permanentes loitas e
conquistas que fomos conseguindo ao longo de moitos anos.
Esta
agresión que os empregados/as públicos sufrimos pódese resumir nun
case estado de excepción, no que se nos nega a negociación das
relacións laborais sendo sometidos a un agresivo frenesí normativo
que dita por decreto as nosas condicións de traballo, reducindo
progresivamente os dereitos adquiridos ao longo de décadas. A
salientar:
1º.
Rebaixa salarial anual nunha media do 5%, en determinadas categorías
de ata o 9%, no 2010 (RD Lei 8/2010), cun IPC do 2,9%. Ao tempo
utilizábase como coartada que a porcentaxe de empregados/as
públicos, dun 9,5%, era elevada obviando que a media da UE era do
16%, cun altísimo crecemento do emprego público dun 1% na última
década, para unha poboación que medraba en 6 millóns de persoas.
Tamén se esquecen que somos o país da UE que en termos porcentuais
menos investimento efectúa no emprego público tal e como reflicte o
elevado número de traballadores e traballadoras que son mileuristas.
2º.
Conxelación salarial no 2011, que levou aparellada a conxelación de
Ofertas de Emprego Público (Lei 39/2010, de Orzamentos Xerais do
Estado), cun IPC do 2,4%.
3º.
Supresión de dereitos e acordos sobre Xornada laboral (RDL 20/2011),
e outros dereitos conseguidos.
4º.
Ampliación da xornada mínima nas administracións, (Lei 2/2012, de
Orzamentos Xerais do Estado), nova conxelación salarial, mantendo
pagas extraordinarias reducidas e abundando na imposibilidade de
incrementar as taxas normais de reposición de efectivos.
5º.
Reforma Laboral, RD Lei 3/2012, que introduce o despedimento
colectivo e individual do persoal laboral do sector público, por
causas económicas, técnicas e organizativas. Expedientes que
soamente poden ser de extinción de posto de traballo, non de
redución de xornada ou suspensión temporal de contrato.
6º.
Supresión de días adicionais de vacacións. Reducen os días de
asuntos propios (APs) que pasan a ser unicamente 3 ao ano. Supresión
da paga extraordinaria do Nadal (o que significa un 7% de redución
salarial anual). Supresión dos acordos e pactos de dereitos
sindicais. Anúlase a posibilidade de xubilación parcial dos
funcionarios, así como as melloras económicas en IT, RD Lei
20/2012, e Lei 1/2012 Galicia.
Como
novo ataque aos empregados/as públicos elabórase un anteproxecto de
Lei que reduce o salario nunha media dun 4% para o ano 2013, en
determinadas categorias de ata o 6%, minorando as pagas
extraordinarias arredor dun 40%.
Por
iso, dicimos basta, xa abonda, e rexeitamos esta nova medida en
contra dos empregados/as públicos de Galicia, que sumará unha perda
en tres anos de máis do 20% de salario, e convocamos mobilizacións
que terán, como primeira medida, concentracións nas sete comarcas o
día 17 de xaneiro as 19:00 horas.
Asinado
por:
CIG;
CCOO; UGT; CSI·F; CESM; OMEGA; SATSE; USAE; STEG; ANPE; USO;
USTG; CGT; STAJ; SIAT; ACAIP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario