Hoxe mesmo o Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, solicitou por rexistro (de novo) que o Concello non demore máis a negociación dun novo regulamento de axudas sociais nun escrito que indicaba o seguinte:
Logo de agardar varios meses a negociación efectiva dunhas novas
bases de axudas sociais, de que o Comité presentase por escrito a
proposta de regulamento no mes de marzo e de que o concelleiro de
Persoal se comprometese verbalmente nunha reunión coa representación
do Comité a negociar un novo regulamento de cara á aplicalo nas
axudas correspondentes ao ano 2013 e á vista de que canto máis se
demore esta negociación máis dificultades terá a aplicación do
novo regulamento para o presente ano e de que o Comité de Empresa xa
realizou no ano 2012 varias solicitudes ás que non tivo resposta,
SOLICITAMOS AO CONCELLO:
Que inicie coa maior celeridade posible, tendo en conta que coñece
a postura do Comité de Empresa con respecto a este tema dende hai
dez meses, a negociación dunhas novas bases de axudas sociais de
cara a aplicalas no presente ano, posto deben ser aprobadas polo
pleno ao igual que as anteriores, e que teñan estas como base o
criterio social no reparto da contía destinada.
Sen máis, o Comité de Empresa dexa constancia da súa solicitude e
agarda que o Concello dea os pasos oportunos para solucionar este
problema canto antes e negociar un novo Regulamento de axudas sociais
de cara a poder aplicalo no presente ano 2013.
Agardamos que o Concello intente solucionar os problemas que roldan a solicitude e concesión das axudas sociais que veñen dados en grande medida porque as bases vixentes son de hai doce anos e foron feitas exclusivamente para o funcionariado, a pesar de que naquela altura xa había abondo persoal laboral neste Concello, e só foron aplicadas para os laborais posteriormente sen ningún documento do que teñamos coñecemento ata a aprobación do Convenio colectivo denunciado. Dende a CIG coidamos que non é tanto pedir que por primeira vez na historia deste Concello se faga un Regulamento de axudas sociais que inclúa explicitamente ao TODO o persoal laboral e que inclúa criterios verdadeiramente sociais, e é hora de que o Concello demostre agora que non é debedor de vellas prácticas propias da pasada década e inclúa aos laborais tantas veces discriminados e esquecidos por parte desta Administración local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario