20/10/13

Boletín CIG Saúde Laboral n.º 7

Un número máis vémonos na obriga de falar da formación en materia de prevención de riscos laborais específica para o sector da construción: o artigo de opinión "Un novo atranco aos dereitos dos/as traballadores/as do sector da construción abre o Boletín. Seguimos coa análise realizada por Anxo Pérez Carballo, Técnico en Prevención e Secretario Confederal de Medio Ambiente de Desenvolvemento Sostíble, sobre a silicose no sector da rocha ornamental, as orixes e prestacións derivadas nos casos de incapacidade laboral, o amianto como asignatura pendente e as Fichas Lembra. O "Estudo da incidencia da xornada de traballo na seguridade laboral e nos riscos psicosociais" elaborado polo Gabinete Tecnico Confederal de Saúde Laboral, pecha este número.

Neste número pódense atopar os artigos “Un novo atranco aos dereitos dos/as traballadores/as do sector da construción” no apartado Opinión, "A silicose sigue a facer destrozos no sector da rocha ornamental" en A fondo, “A incapacidade laboral: orixes e prestacións” en Información Técnica e "Amianto: unha asignatura por aprobar" en Sabías que...?.
Para artigo "Fichas Lembra, prevención de riscos na pesca"contamos coa colaboración de Diego Castro Balboa, Técnico de Seguridade e Saúde Laboral do ISSGA.
Como peche, e atendendo a un tema de actualidade como é a relación existente entre a organización dos horarios e a saúde de traballadoras e traballadores, realízase unha revisión da publicación elaborada polo Gabinete "Estudo da incidencia da xornada de traballo na seguridade laboral e nos riscos psicosociais".
Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral.
Confederación Intersindical Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario