Ansiedade e acoso: cando o suicidio é un accidente laboral
Varias
sentenzas consideran que os suicidios de traballadores eran
accidentes laborais. Son casos nos que está claro o vínculo entre o
suceso e as condicións de traballo. Non obstante, a depresión e os
trastornos de ansiedade nin sequera están incluídos na lista de
enfermidades profesionais.
Edemiro
traballou durante anos nunha empresa de transportes como condutor de
autobús. En varias ocasións acudiu á consulta do seu médico por
doenzas que, segundo os diagnósticos, estaban relacionadas co estrés
laboral.
Dende
que participou nunha folga na súa empresa, durante a cal foi detido,
a compañía tomou medidas xudiciais contra el que, finalmente,
quedaron en nada.
Si
lle abriron un expediente disciplinario.
Dende
entón, Edemiro presentou problemas de ansiedade e causou varias
baixas por iso. Unha vez que volveu ao seu posto solicitou
incorporarse á quenda de mañá, que lle foi denegado, e volveu
causar baixa por ansiedade. Aos poucos días, suicidouse no seu
domicilio. Tres anos despois, o Tribunal Superior de Xustiza de
Andalucía (TSJA) considerou que o seu suicidio era un accidente
laboral.
É
un dos casos, aínda poucos, nos que a xustiza fallou que os
suicidios dos traballadores estaban vinculados con situacións
propiciadas polas empresas e eran, polo tanto, accidentes laborais.
Este mesmo ano, o Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal
Superior de Xustiza de Andalucía.
As
estatísticas non rexistran estes casos. Dos 471.223 accidentes
laborais con baixa que se rexistraron en 2012, a estatística sinala
que só 590 se produciron como consecuencia de danos psicolóxicos
"debidos a agresión e ameazas". Ningún deles foi mortal e
só cinco foron considerados graves. A depresión e os trastornos de
ansiedade non están nin sequera recollidas no listado de
enfermidades profesionais que elabora a Seguridade Social.
Polo
menos outras catro sentenzas dos últimos anos, en Cataluña, Madrid,
Extremadura e País Vasco, consideraron que había unha relación
causal entre os suicidios e a realización do traballo.
"Son
casos moi extremos, é algo que se fai por propia vontade, ao
contrario doutras cousas que poden suceder, como un golpe cunha
máquina, e no que adoitan influír moitos factores. Por iso, a
xustiza tende a ser restritiva na interpretación e os casos no que
se o suicidio se considera accidente laboral son extraordinarios",
explica Enrique Ceca, socio de Ceca Magán Abogados. O avogado sinala
que para que estes casos poidan ser considerados accidentes de
traballo non abonda con acreditar que a persoa afectada estaba
suxeita a estrés no seu posto, senón que a empresa contribuíu a
iso. "Moitas profesións están sometidas a estrés pero non por
iso en todos os casos o empresario influíu niso directamente",
matiza Ceca.
Os
suicidios de France Télécom
O
caso máis soado sucedeu en Francia: en dous anos suicidáronse máis
de 30 empregados da empresa de telecomunicacións France Télécom.
Unha vez que saltou a alarma saíron á luz prácticas empresariais
abusivas, dende cambios repentinos e frecuentes de horarios, xornada
e destino ata controis periódicos do rendemento e despedimentos
masivos. Algúns traballadores deixaron notas de despedida nas que
vinculaban directamente a súa situación desesperada coas súas
condicións de traballo.
Posteriormente,
un informe da inspección de traballo francesa denunciou prácticas
propias do acoso laboral e vinculou os suicidios e os intentos de
suicido a estas. A xustiza francesa imputou á empresa e ao seu
expresidente Didier Lombard por acoso moral.
Fonte: eldiario.es
Máis información en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario