Logo de que o Comité de Empresa solicitase por escrito información durante varios meses e non recibise resposta, ao igual que ante a paralización por parte do Concello da negociación do convenio, das bases de axudas sociais e un longo etcétera de temas pendentes, unha vez máis, solicitou unha reunión co concelleiro onde lle expuxo varios dos problemas laborais existentes e solicitou unha resposta do Concello aos conflitos. A continuación achegámosvos un pequeno resumo da reunión mantida:
Convenio
O
primeiro punto da reunión foi o convenio, pola importancia e premura
e pola deixadez do Concello xusto nun tema tan importante.
Preguntouse cando se retomarían as negociacións do convenio e o
concelleiro indicou que a mediados de outubro, cousa, que o certo é
dubidamos, simplemente porque leva un ano e medio dicíndonos que en
quince días e logo nunca é así. O que si que sorprendeu foi un
dato novo, que o Concello estaba a ultimar a contratación dunha
asesoría extrena, é dicir, unha empresa, para asesoralos tanto na
negociación do convenio como para elaborar unha nova Relación de
Postos de Traballo; por tanto, logo de dous anos de negociacións do
convenio muda a estratexia por completo e quere botar man dunha
empresa externa para asesorar en temas que nos concernen aos
traballadores municipais. Isto claramente tradúcese en que o
Concello agora, logo de múltiples informes con diversas
barbaridades, logo de ter que pagar dos petos dos betanceiros máis
de 50 000 euros en concepto de salarios atrasados ao persoal
readmitido e logo de todo o acontecido nos dous anos anteriores di
que o persoal técnico municipal está desbordado (será por iso que
o Comité de Empresa ten tantas solicitudes sen responder mesmo dende
o ano 2011) e ten que recorrer tamén a empresa privada para se
asesorar tomando nota da política dos gobernos de dereita. Con
todo, independentemente de de onde veña o asesoramento, que toma as
decisións é o goberno municipal, por iso consideramos que a
negociación do convenio debe seguir o seu curso o máis axiña
posible e así llo indicamos ao propio concelleiro de Persoal.
2.
Axudas sociais
Unha
vez máis o Comité expresoulle a súa preocupación polas promesas
incumpridas sobre unhas novas bases de axudas sociais e lembroulle que o Comité xa fixo as súas achegas, e considera que as
bases actuais deben ser obxecto dunha fonda revisión, tal e como
indicou no escrito rexistrado, a maiores, quixo saber cando se
vai convocar a Mesa Xeral de Negociación e solicitarlle ao Concello
que informe en condicións e tempo sobre a convocatoria de axudas do
ano 2013. Máis unha vez a resposta foi que agardaban chamar para a
negociación este mesmo mes (a este paso en outubro segundo din se van amañar máis cousas que nos dous anos anteriores).
Canto ás axudas correspondentes ao ano 2013 a convocatoria, nun
principio, publicarase nos mesmos termos que en anos anteriores.
3.
Atrasos non cobrados
O
Comité solicitou información, tamén, sobre os atrasos do persoal
ao que recentemente lle acaban de recoñecer a antigüidade no
Concello, cuxa notificación chegou hai un mes e seguen a día de
hoxe sen cobrar e parece ser que se debeu a un problema
administrativo que estará solucionado nos vindeiros días (e
pensamos nós, cando non hai problemas adminitrativos neste Concello
se falamos en materia de persoal).
4.
Solicitudes de traballadores
A
maiores, comentáronselle varias solicitudes que transmitiron
diversos compañeiros e mais incidiuse na importancia de que todo o
persoal, independentemente do departamento ao que pertenza, debe ter
o mesmo dereito á roupa de traballo que os outros compañeiros, e o
Concello ten a obriga de pór a funcionar os mecanismos necesarios
para que así sexa e que non aconteza que haxa compañeiros que leva
máis dun ano sen recibir a roupa de traballo correspondente mentres
que outros non teñen problema ningún coa equipación,
trasmitímoslle que se o Concello tamén ten un problema de xestión
neste tema debe solucionado para que non se vexan prexudicados sempre
os mesmos traballadores.
6.
12 de outubro
En
febreiro de 2013 tanto a CIG como o Comité de Empresa solicitaron a
compensación do día 12 de outubro, a día de hoxe, case ás portas
dese día entendíamos que a solicitude estaba denegada, por moito que
ese tema se falase nunha Mesa Xeral de Negociación. O Concelleiro
informounos de que nos vindeiros días sairá unha resolución da
Alcaldía onde nos conceden un día de asuntos propios máis, logo da
solicitude efectuada pola CIG, para o ano 2013. Dende o Comité,
agardamos que isto se faga canto antes porque xa non está mal
responder sete meses despois a unha petición dos delegados de
traballadores. En canto estea publicada a Resolución todo o persoal
tería dereito a un día libre máis a desfrutar antes do 15 de
xaneiro de 2014.
7.
Documentación non entregada ao Comité de Empresa
O
Comité de Empresa volveu lembrarlle ao Concello que ten solicitada
documentación que o Concello non lle dá entregado e non entendemos
a que se debe, aínda que se nos poñemos a pensar mal nalgúns casos
quizais sexa intencionado para tentar ocultar algunhas das
irregularidades existentes. En primeiro lugar non se tivo resposta
nin sequera á proposta de ultraactividade do convenio colectivo,
solicitouse tamén unha táboa de salarios brutos de todo o persoal
laboral, porque ademais lle entregaramos ao Concello unha copia das
do 2010 para indicarlle que era o que solicitaba e o Concello
segue sen lla entregar. Ademais, pediuse en múltiples ocasóns os
cadros de valores das horas extras de cada traballador, que se entende que debe estar elaborado porque dubidamos que cada vez que
alguén faga horas extras se poñan a calcular coa calculadora.
Tampouco entregou o Concello o cadro coas retribucións do
persoal readmitido onde se indique a categoría profesional, a
denominación do posto e as funcións respectivas. O Comité está pendente tamén da relación actualizada de persoal co tipo de contrato de
todo o persoal laboral e da relación de postos de traballo de
carácter non permanente actualizada con toda a súa información.
A
maiores, o Comité indicoulle ao concelleiro que observamos diferenzas na
aplicación do recoñecemento da antigüidade, mentres que ao persoal
que lle acaban de recoñecer os trienios recoñécenlle servizos
previos ao últimos contrato, hai outro persoal que non lle aplicar o
mesmo criterio e explicámoslle varios casos en concreto. O propio
concelleiro indicou que o persoal que se vise nesta situación que
o solicitase por escrito e o certo é que é unha
mágoa que o Comité se teña que dedicar a mirar caso por caso os
problemas retributivos de cada traballador mais só grazas a iso
pódense observar os distintos problemas e facer as reclamacións
pertinentes ante un Concello que pretende facerse o descoñecedor dos
criterios desiguais que el mesmo leva aplicando anos.
8.
Cobertura das baixas
Na
última reunión que tivera o Comité de Empresa do concelleiro este
indicáralle que o Concello ía cubrir a baixa de limpeza e a día de
hoxe segue sen se facer, varios meses despois segue sen se facer,
agora resulta que están pendentes dos informes dos técnicos, que
deben ser os mesmos que din que non teñen a obriga de informar cando
se contrata a persoal de empresas privadas para as oficinas
municipais. Sábese o que supón neste Concello estar pendente dos
informes do persoal técnicos, demorar as cousas ata que veña outra
máis grave, porque cando se queren solucionar faise e punto, mais,
polo visto, a limpeza dun colexio público non é prioritaria para o
Concello de Betanzos.
A
maiores, puxose ao concelleiro ao tanto da gravísima situación que
está a padecer o persoal da Escola Infantil Municipal con motivo da
diminución do número de traballadoras por diversas causas que está
a redundar directamente neste servizo público e a provocar unha
situación insostible no tempo e que o Comité, tal e como lle
trasladou, considera que é de prioritaria resolución pola
responsabilidade que supón o traballo das propias compañeiras e as
circunstancias nas que se están vendo obrigadas a traballar e
solicitámoslle ao Concello máxima urxencia na cobertura das baixas
correspondentes relatándolle polo miúdo como está a afectar esta
situación ao traballo diario da propia Escola Infantil Municipal.
Agardamos, que o Concello recapacite tamén neste tema e lle dea
solución pola vía da urxencia a pesar de levar xa moitos meses
adiándoo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario