Un
total de 148 traballadores faleceron en accidente laboral nos tres
primeiros meses do ano, doce máis que en igual período de 2013, o
que supón un aumento en termos relativos do 8,8%, segundo datos do
Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Destes falecementos, un total de 116 producíronse durante a xornada de traballo, un menos que no primeiro trimestre de 2013, o que implica un descenso do 0,9%.
Os
32 accidentes mortais restantes rexistrados nos tres primeiros meses
do ano foron "in itínere" (os que se producen no traxecto
de casa ao traballo e viceversa), un 68,4% máis que os rexistrados
no primeiro trimestre de 2013.
Por
sectores, nos servizos faleceron 56 traballadores ata marzo (-18,8%),
na industria producíronse 25 accidentes mortais (+31,6%); na
construción morreron 20 traballadores (+42,9%), e na agricultura
perderon a vida 15 traballadores, os mesmos que no primeiro trimestre
de 2013.
Infartos,
derramos cerebrais e outras patoloxías non traumáticas causaron a
morte de 57 traballadores no primeiro trimestre, un 1,7% menos que en
igual período de 2013, mentres que os accidentes de tráfico foron
responsables de 15 falecementos, cun descenso do 21,1% respecto a
xaneiro-marzo do ano pasado.
Por
esmagamentos, amputacións ou quedar atrapados faleceron 11
traballadores (-26,7%); por afogamentos ou quedar sepultados morreron
10 traballadores, cinco veces máis que no primeiro trimestre de
2013; por choques ou golpes contra obxectos inmóbiles faleceron 9
traballadores (+28,6%), e por colisións contra obxectos en movemento
perderon a vida 6 traballadores, tres menos que ata marzo do ano
pasado.
No
primeiro trimestre contabilizáronse 116.793 accidentes laborais con
baixa, o que supón un aumento do 7,8% respecto ao número de
sinistros rexistrado ata marzo de 2013, cando se produciron 108.392
accidentes.
SERVIZOS,
O SECTOR CON MÁIS ACCIDENTES
Do
conxunto de sinistros, 100.898 accidentes rexistráronse no lugar de
traballo e 15.895 foron sinistros "in itínere". Os
primeiros aumentaron un 8,1% respecto ao mesmo período de 2013,
mentres que os segundos subiron un 5,4%.
Os
accidentes leves con baixa no posto de traballo sumaron 99.978 ata
marzo, un 8,2% máis, e os graves alcanzaron os 804, un 5,1% máis.
No caso dos sinistros "in itínere", rexistráronse 15.647
accidentes de carácter leve (+5,4%) e 216 de gravidade (+0,9%).
Por
sectores, servizos rexistrou o maior número de accidentes con baixa
en xornada de traballo, ao aglutinar 62.288 sinistros (+8,7%),
seguido da industria, con 20.980 accidentes (+3,5%); a construción,
con 9.686 accidentes (+2,5%), e o sector agrario, que rexistrou 7.944
sinistros (+26%).
Preventionworld.com
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario