O
Tribunal Constitucional deu a razón a unha funcionaria á que non
lle recoñeceron os mesmos dereitos que ao resto ao ter que pospor un
curso obrigatorio porque lle coincidía coa data de parto. A
funcionaria da Administración de Xustiza da Comunidade de Madrid
solicitou a equiparación para todos os efectos coas súas
compañeiras e compañeiros de promoción ao entender que se vulnerou
o dereito á non discriminación por razón de sexo. Esta funcionaria
superara o proceso selectivo e tivo que pospor o curso selectivo
obrigatorio para tomar posesión da súa praza ao coincidir este con
a data do seu parto
Cando
se incorporou ao posto, a funcionaria solicitou que se lle recoñecese
con carácter retroactivo a mesma antigüidade que aos seus
compañeiros e compañeiras de promoción, pero a súa solicitude
foille denegada pola Consellería de Xustiza, decisión que foi
confirmada posteriormente polo Tribunal Superior de Xustiza de
Madrid.
Segundo
a Sentenza do Tribunal Constitucional, a maternidade perxudicou a
esta persoa xa que supuxo que a Consellería de Xustiza non lle
recoñecese os mesmos dereitos que aos seus compañeiros de
promoción.
A
Consellería de Xustiza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid
"vulnerou o Artigo 14 da Constitución Española ao non ter en
conta que a condición biolóxica e a saúde da traballadora ha de
ser compatible coa conservación dos dereitos profesionais sen que a
maternidade pode producir ningunha desvantaxe".
Fonte:
prevencionintegral.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario