O
Plan Xeral de Actividades Preventivas da Seguridade Social a executar
polas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais
dará de novo prioridade este ano ás empresas de ata 50
traballadores que operan naqueles sectores de actividade con máis
sinistros graves e mortais, entre os que se encontran as actividades
de construción especializada, a construción de edificios, a
agricultura, o transporte terrestre e por canalización e o comercio
almacenista.
Segundo
unha resolución da Secretaría de Estado da Seguridade Social
publicada este xoves no BOE, as mutuas tamén concentrarán este ano
a súa actividade preventiva nas empresas que en 2013 superaron os
índices de sinestralidade que obtiveron en 2012 e nas empresas que o
ano pasado declararon enfermidades profesionais con baixa causadas
por axentes, físicos e biolóxicos en determinados sectores de
actividade, entre eles o procesado e a conservación de carne, a
fabricación de perfumes, e as actividades hospitalarias.
As
mutuas realizarán visitas a estas empresas para analizar as causas
que puideron provocar os seus elevados índices de sinestralidade ou
de enfermidades profesionais e proporcionaranlles asesoramento
técnico para corrixir as deficiencias detectadas. Estas actuacións
enmárcanse no programa de asesoramento técnico a pemes e empresas
de sectores preferentes.
Antes
da execución deste programa e en relación a cada unha das empresas
que serán obxecto deste asesoramento técnico, as mutuas deberán
elaborar unha estatística na que consignarán o número de
prestacións económicas da Seguridade Social por continxencias
profesionais recoñecidas en 2013 e o custo destas para poder
comparar esta información ao finalizar 2014.
Incorpórase
ademais un programa de asesoramento nos centros de traballo nos que
concorran traballadores de dous ou máis empresas asociados ou
adheridos á mutua, incluídas contratistas, subcontratistas ou
traballadores autónomos. Nestes casos, a mutua correspondente deberá
informar e asesorar as empresas e os autónomos implicados sobre a
aplicación dos medios de coordinación existentes para a prevención
de riscos laborais.
Así
mesmo, a resolución establece a obriga das mutuas de organizar
xornadas e reunións con empresas asociadas de ata 25 traballadores e
autónomos adheridos para informalos dos servizos da Seguridade
Social 'Prevención 10.es' e 'Prevención 25.es' e ensinalos a
utilizalo.
As
mutuas financiarán as actividades contidas neste plan coas
disponibilidades presupostarias existentes para este ano, sen que os
gastos que se destinen á súa execución por cada mutua poidan
superar o 0,5% dos seus ingresos por cotas de continxencias
profesionais.
As
mutuas deberán presentar nos próximos 15 días ante a Dirección
Xeral de Ordenación da Seguridade Social, para a súa aprobación, o
plan de actividades preventivas individual en aplicación dos
criterios e obxectivos previstos para 2014, especificando os sectores
e empresas aos que vai dirixido, o número de traballadores afectados
e o custo previsto.
Fonte:
europapress.es
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario