Nestes pasados días os delegados da Sección sindical da CIG repartiron polos diferentes departamentos o Abrindo camiños n.º 26 Especial Negociación onde se recollen polo miúdo algúns dos temas máis importantes tratados na Comisión de Negociación do Convenio que tivo lugar o pasado 19 de xuño na Sala de Xuntas do Liceo. Se algún compañeiro ou compañeira laboral quedou sen el pode solicitarllo a calquera dos delegados da Sección sindical, posto que nas visitas aos centros de traballo non sempre, obviamente, coinciden todos os traballadores e traballadoras.
Este voceiro céntrase na nova reunión da Comisión Negociadora do
convenio que tivo lugar o pasado 119 de xuño, e onde tal e como se acordara o Concello envioulle aos
representantes dos traballadores o texto coas modificacións
acordadas e solicitouse que as que se achegaran nun documento a parte
unha semana antes se incluísen no propio texto polo Comité de
Empresa. Máis unha vez o Comité, e nomeadamente, a representación
deste, por parte da CIG, viuse obrigada a facer o traballo dobre e
mellorar no propio texto o achegado polo Concello e elaborado pola
empresa. As achegas que se fixeron sempre foron na liña de
incorporar na proposta da empresa cuestións que si que recollía a
proposta de convenio que os traballadores aprobaran en asemblea en
2011 e mellorala con novos temas que a mala dinámica das
negociacións co Concello fora deixando a un lado ata o momento.
Agora, a
empresa quedou de enviar aos representantes do persoal de novo o
texto coas modificacións acordadas e que en 15 días convocarían
unha reunión onde xa se falaría a cuestión das retribucións, e
tamén está pendente acordar os horarios específicos do persoal que
non traballa na xornada xeral. Ao final de todo o proceso, en
asemblea de traballadores, todos e todas teremos que valorar a
proposta final, que será entregada con anterioridade ao persoal.
Polo momento, dende a CIG solictámoslle encarecidamente ao Concello
que non demore este acordo porque as negociacións de funcionarios
vaian, unha véz máis, moito máis lentas, que as do convenio do
persoal laboral, e o Concello comprometeuse a que cada colectivo
seguría o seu curso de xeito independente na negociación de acordo
e convenio.
O que está
claro chegado este punto de negociación é que se o Comité non
chega a facer propostas de mellora do texto, ía, como o anterior,
máis que coxo e deixaba descubertas moitas das cuestións que a día
de hoxe están a xerar conflitos na realidade laboral do Concello, e
se os xulgados ao longo destes anos nos deixaron algo claro é que
cun marco normativo actualizado, claro e conciso, é moito máis doado
reclamar os dereitos dos traballadores, cando todo queda no aire,
indefinido e sen estar claro iso sempre vai beneficiar á patronal, e
neste caso, como xa o ten feito, ao Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario