Con
data do venres e co alcalde en funcións o goberno municipal decidiu
rescindirlle o contrato ás dúas traballadoras de limpeza do aulario
do CEIP Francisco Vales Villamarín. A comunicación deste
despedimento chegoulles catro días máis tarde e con tan só tres
días de preaviso e un incumprimento dos prazos recollidos na
lexislación vixente. A partir deste venres o aulario fica sen
persoal de limpeza.
Desde
a CIG levamos catro anos denunciando os problemas que causa a falta
de persoal no servizo de limpeza, así coma noutros departamentos, da
non cobertura das baixas nin xubilacións e da vontade do goberno de
privatizar. Este problema á especialmente grave no colexio CEIP
Francisco Vales Villamarín e no aulario, a ambos os centros acoden
máis de novecentos alumnos e a carga de traballo denunciada xa polos
delegados de prevención da CIG en múltiples ocasións, supón que o
traballo que facían sete traballadoras viña sendo realizado por
catro que logo destes despedimentos fican en dous os dous edificios
onde acode semellante cantidade de alumnado.
As
compañeiras están valorando presentar unha demanda por despedimento
improcedente e as vías legais de reclamación ás que poden optar
para loitar contra esta inxustiza. Xa en setembro de 2014 o Comité
de Empresa, por iniciativa da CIG, advertiulle ao Concello que
entendía que o contrato por obra ou servizo debe ter autonomía e
susbtantividade propia dentro da actividade da empresa e que estes
novos contratos se estaban a realizar á marxe da Relación de Postos
de Traballo.
A
maiores, tivemos coñecemento de que a última xubilación do persoal
de limpeza dos edificios municipais foi cuberta cunha traballadora
dunha empresa privada e o goberno incumpriu as súas propias normas
ao non respectar as listaxes de substitución de limpeza vixentes,
coas que poderían cubrir os postos necesarios con empregados
públicos. Isto é máis grave aínda se temos en conta que despide a
persoal municipal e supostamente cubre as xubilacións a través de
privatizacións.
O
Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, solicitou unha reunión de
urxencia co alcalde, á vista de que aínda non está nomeado o
concelleiro de Persoal, para preguntarlle por estes despedimentos e
solicitar información sobre a presunta privatización da limpeza de
edificios sobre a que nos informaron algúns compañeiros. Ademais
exixiralle explicacións pola falta de información puntual ao
Comité, sobre todo o que ten ver coas contratacións, tal e como é
preceptivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario