O CiSAL -Centro de
investigación en Saúde Laboral da Universidade Pompeu Fabra-
realizou un estudo, publicado na revista Social Science and Medicine,
para determinar o impacto da crise económica global na saúde dos/as
traballadores/as, centrándose na duración das ausencias laborais
causadas por afectacións en principio non relacionadas co traballo
(incapacidades por enfermidade común).
O equipo científico que
levou a cabo a investigación, liderado por Fernando G. Benavides,
investigador principal no CiSAL, comparou os datos de oito mutuas
laborais que cubrían a case un millón de traballadores/as en total
durante os anos 2006 e 2010.
Os resultados mostran un
ascenso no número de incapacidades por enfermidade común: pasouse
de 441.689 episodios no ano 2006 ata os 541.419 en 2010. O ascenso
foi moi notable no caso das mulleres, onde o número de episodios de
ausencia laboral incrementouse en máis do 50%. Con todo, a
investigación demostra que a duración destes episodios en mulleres
diminuíu.
Observaron tamén que as
enfermidades máis comúns relacionadas coas ausencias laborais
debidas a doenzas non desenvolvidas no posto de traballo son as
afectacións musculoesqueléticas, respiratorias e infecciosas. As
afectacións que provocan unhas ausencias máis longas son os
trastornos mentais. O equipo de investigación destaca a presenza dun
aumento no número de casos de ausencias debidas a trastornos mentais
no ano 2010, que se dobrou no caso das mulleres.
Para determinar o impacto
que teñen as diferenzas de xénero na vida laboral dos/as
traballadores/as, o CiSAL elaborou outro estudo, publicado na
revista Journal of Epidemiology and Community Health, centrado
unicamente nas baixas por afectacións musculoesqueléticas (lumbago
e ciática na súa maioría).
Este segundo estudo,
baséase en máis de 350.000 casos de ausencia laboral por
incapacidade debida a afectacións musculoesqueléticas en principio
non relacionadas co traballo e rexistrados en Cataluña entre os anos
2005 e 2008.
Os resultados revelan que
este tipo de baixas son máis longas en mulleres. En homes obsérvase
unha tendencia para alongar a baixa a medida que aumenta a idade,
mentres que este patrón non se dá en mulleres. Este comportamento
observouse sobre todo nos casos de lumbago, un dos trastornos máis
comúns e custosos da ausencia laboral en principio non relacionada
co traballo.
Segundo Fernando G.
Benavides “é moi probable que a duración máis longa das baixas
en mulleres débase ás desigualdades moi presentes á hora de
dividir o traballo remunerado e o doméstico segundo o xénero. As
mulleres son as que normalmente asumen múltiples roles, cousa que
lles provoca unha sobrecarga de traballo que pode influír na saúde
e, por tanto, na duración da baixa”.
A relación entre as
mulleres e unha maior duración das ausencias laborais en principio
non relacionadas co traballo, así como a influencia do xénero á
hora de dividir o traballo, tanto doméstico como o remunerado, son
cuestións que requiren unha atención especial para poder entender o
seu efecto e mellorar a xestión “absentismo laboral”. A
importancia deste asunto acrecéntase no clima actual de
inestabilidade económica, no que as condicións laborais sofren
cambios que poden afectar negativamente á saúde.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario