Que a privatización dos servizos municipais ten como consecuencia o emprego precario non é nada novo, desde a CIG levamos cinco anos defendendo por activa e pasiva os servizos públicos e o emprego de calidade mentre o goberno do PSOE teima en privatizar o que lle peta (para patróns hai cartos) ao abeiro da lexislación estatal que tanto lle critica ao Partida Popular. Si que é novo e triste comprobarmos de primeira as consecuencias da privatización da xardinaría municipal cando na rede atopamos anuncios coma estes:
Buscan dous xardineiros para o mantemento dos xardíns de Betanzos e entre os requisitos está non ter experiencia laboral como xardineiro e valoran estar inscrito no sistema de garantía xuvenil... todo perfecto! Os salarios e as condicións mellor nin imaxinalos! Ah, e esta empresa sen saber aínda se o Concello decidirá privatizar un ano máis a xardinaría xa anticipa que hai posibilidade de prórroga.
Isto é que busca o goberno do PSOE, isto que o que promove a privatización, máis precariedade, menos emprego estable, peores condicións e todo polo beneficio privado e duns poucos no canto de que o Concello lle ofreza á cidadanía servizos públicos e de calidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario