O Tribunal Supremo
conclúe que a presunción de accidente de traballo non se exclúe
porque se acreditou que o traballador padecese a enfermidade con
anterioridade ou porque se presentaron síntomas antes de iniciarse o
traballo, porque o que se valora a estes efectos non é a acción do
traballo como causa da lesión cardíaca, o que se valora é a acción
do traballo no marco do art. 115.2.f) LXSS, como factor
desencadenante dunha crise, que é a que leva á situación de
necesidade protexida.
O condutor dun camión
sufriu un infarto leve, deixando a descarga do camión para acudir a
un centro médico polo seu propio pé. O actor acudiu ao centro de
saúde, ingresou no servizo de urxencias e foi diagnosticado de
infarto agudo de miocardio. A empresa non elaborou o parte de
accidente de traballo. O traballador estivo en situación de IT por
enfermidade común e solicitou o cambio de continxencia da
incapacidade, que foi denegado. O Tribunal Supremo, en Sentenza do 8
de marzo de 2016, a declara profesional 3 anos e 7 meses despois.
O Tribunal Supremo
conclúe que a presunción de accidente de traballo non se exclúe
porque se acreditou que o traballador padecese a enfermidade con
anterioridade ou porque se presentaron síntomas antes de iniciarse o
traballo, porque o que se valora a estes efectos non é a acción do
traballo como causa da lesión cardíaca, o que se valora é a acción
do traballo no marco do art. 115.2.f) LXSS (as enfermidades ou
defectos, padecidos con anterioridade polo traballador, que se
agraven como consecuencia da lesión constitutiva do accidente) como
factor desencadenante dunha crise, que é a que leva á situación de
necesidade protexida.
E esta posible acción do
traballo benefíciase da presunción legal do art. 115.3
(presumirase, salvo proba en contrario, que son constitutivas de
accidente de traballo as lesións que sufra o traballador durante o
tempo e no lugar do traballo) e non pode quedar excluída só pola
proba de que a enfermidade se padecía xa antes; pois, aínda que así
fóra, é a crise e non a doenza previa a que hai que ter en conta a
efectos de protección.
Por este motivo, o
Tribunal Supremo estima favorablemente a demanda, declarando que a
incapacidade temporal recoñecida ao actor deriva de accidente de
traballo.
Noutra sentenza do 10 de
decembro de 2014, un oficial da construción tamén tivera un amago
uns días antes, constando na sentenza que “existindo unha
patoloxía previa, esta agravouse estando o traballador no centro de
traballo desempeñando o seu labor e con ocasión de realizar un
esforzo”.
En ambas os traballadores
tiñan unha doenza previa, as súas circunstancias espaciais son
completamente diferentes e supón aplicar o mesmo criterio a casos
distintos. En concreto, na STS de 2014 a doenza iníciase no traballo
e tivo “toda a súa intensidade” fóra del, durante o descanso
para comer. Mentres que nesta ocorre ao revés, a doenza iníciase
antes do traballo e desencadéase nel.
Para que un infarto non
se considere laboral, a carga da proba corresponde a INSS, TXSS,
Mutua, servizo público de saúde e empresa, e débese centrar en
demostrar que non existe nexo causal entre o infarto e o traballo.
Aínda que como consta na
sentenza e esta é a súa novidade: “faise difícil nos casos das
lesións cardíacas”.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario