02/06/16

Indeminzacións por asistencia a tribunais de procesos selectivos, a ver se desta vai a vencida

Desde a CIG levamos varios anos reclamándolle ao Concello que pague as indemnizacións por asistencia ao tribunal aos traballadores que forman parte dos tribunais dos proceso selectivos. O Concello leva anos aforrando uns cartos que por lei nos corresponden porque mentres que ninguén fose ao xulgado polo tema parece que tampouco era problema.

Si que en varias ocasións o concelleiro de Persoal ten informado que "dicían" que non se debían pagar, a pesar de que nunca nos ensinou ningún informe que acreditase tal cousa, nin de Secretaría nin de ningún outro técnico, o curioso é que o persoal técnico non cambiara en moitos anos e co goberno do PP hai compañeiros que nos informan que si que se pagaban (aínda que tamén parece ser que non a todo mundo).

Tedes algúns exemplos das veces que tratamos o tema aquí:

Reunión de decembro co concelleiro de Persoal: acordos da Mesa Xeral, problemas co desfrute de dereitos, novo convenio colectivo, tribunais dos procesos selectivos e non pagamento de indemnizacións, problemas co cobro da extra de 2012 e temas de saúde laboral






Pois ben, o concelleiro de Persoal informou ao Comité de Empresa hai uns días que agora había un informe favorable e se comezarían a pagar as indemnizacións por asistencia a tribunal. Ademais, segundo puidemos saber están informando que para cobralas hai que solicitalo por rexistro cun modelo de solicitude ordinario indicando que se participou no tribunal do último dos procesos no que se participara e anteriores e solicitando as axudas de custo correspondentes.

Si que é preciso lembrar que temos constancia de que hai persoal que no seu momento xa as solicitou por rexistro mais en principio parece que o debería volver a facer. Iso si, de pagaren os atrasos estaría claro que a non aplicación da lexislación en tempo e forma sempre prexudica ao persoal laboral, ao que só lle corresponderían un ano de atrasos fronte aos catro que lle corresponderían ao persoal funcionario. Tampouco podemos esquecer que é bastante triste que houbese que dar tantas voltas para que se aplique unha Orde do ano 2002.

Ningún comentario:

Publicar un comentario