En
relación á sentenza
que
recoñece o dereito aos días de vacacións por antigüidade, e ante
as preguntas que xa recibimos, cómpre informar que a demanda foi
presentada a través dun delegado da CIG-Autonómica de Ferrol, no
ámbito territorial da provincia da Coruña, pero tamén están
presentadas demandas para outros ámbitos territoriais.
As
demandas foron presentadas en distintos ámbitos territoriais e en
distintos xulgados para explorar a súa viabilidade. En calquera
caso, a primeira sentenza que saiu foi estimatoria, pero ainda non é
firme polo que non cabe a extensión dos seus efectos.
Nestes
momentos, cómpre agardar polo resto das demandas presentadas noutros
ámbitos territoriais, así como á firmeza das sentenzas. A
intención da CIG é contar con sentenzas firmes de xeito que a
Administración recoñeza o dereito vía negociación.
Máis
info en www.cigadmon.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario