Este
dereito foi negado pola Administración Autonómica alegando a
aplicación do Real Decreto-Lei 20/2012
O
Xulgado número 1 do Contencioso-Administrativo de Ferrol vén de
ditar unha sentenza recoñecendo o dereito dos empregados/as
públicos/as aos días de vacacións por antigüidade que están
recollidos no artigo 75.2 da Lei da Función Pública de Galiza e que
foron negados pola Administración Autonómica en suposta aplicación
da normativa estatal de recortes dos dereitos laborais das empregadas
e empregados públicos.
A
modificación estatal foi introducida polo Real Decreto-Lei 20/2012,
do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria
e de fomento da competitividade que reformaba o artigo 50 do Estatuto
Básico do Empregado Público. Este decreto, subliñan dende a
CIG-Administración de Ferrol, é o mesmo que suprimiu a paga
extraordinaria de decembro de 2012 e deixou sen efecto todos os
acordos sindicais adoptados até ese momento.
A
xuíza do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol da a
razón ao compañeiro da CIG, que interpuxo a demanda entendendo que
o artigo 75.2 da Lei da Función Pública de Galiza segue a estar en
vigor. O contido textual dese apartado da Lei é o seguinte:
- "2. Así mesmo, (o persoal funcionario) terá dereito a un día hábil adicional ao cumprir quince anos de servizo, ao que lle engadirá un día hábil máis ao cumprir os vinte, vinte e cinco e trinta anos de servizo, respectivamente, ata un total de vinte e seis días hábiles por ano natural.
- Este dereito farase efectivo a partir do ano natural seguinte ao do cumprimento dos anos de servizo sinalados no parágrafo anterior".
A
sentenza de Ferrol é a primeira sentenzas sobre esta cuestión, mais
non se descarta que vaian aparecendo outras similares ao longo de
todo o país. Neste senso, hai que lembrar que o persoal funcionario
é un sector da poboación laboral que non pode interpor conflitos
colectivos, dadas as peculiaridades que rexen o seu sistema de
relacións laborais.
A
este respecto, CIG-Administración lembra que está a realizar todas
as accións sindicais que están na súa man para que sexan repostos
os dereitos laborais e colectivamente recoñecidos polas distintas
administracións (neste caso concreto recoñécese de maneira
individual), sen necesidade de ter que presentar demandas individuais
polo custoso, complexo e lento que resultan os procesos de tipo
administrativo.
A
sentenza non é firme xa que contra a mesma cabe recurso de apelación
diante do mesmo xulgado.
No
Concello de Betanzos, o Comité de Empresa xa en setembro de 2012
rexistrou un escrito onde lembraba que no artigo 75 da Lei da Función
Pública de Galiza, que sería de aplicación para o persoal da
Administración local recollíanse os días adicionais por anos de
servizo a partir dos 15 anos e solicitoulle ao Concello que
clarificase o criterio que ía seguir canto aos días adicionais por
antigüidade nas vacacións logo da publicación do Real-decreto lei
20/2012. O Comité de Empresa nunca tivo resposta a esta solicitude,
como a tantas outras, mais hoxe volve estar máis en vigor ca nunca
logo da sentenza mencionada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario