ACCIDENTE
LABORAL
O
Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Reinosa
condenou a dous meses de cárcere ao xerente e encargado de Sidenor
por un delito contra os traballadores, debido ao accidente acontecido
en xuño de 2011 na planta de produción de aceiro, cando se
desprendeu a coada de aceiro dun dos fornos e rexistrouse un incendio
no que morreu un empregado, que se refuxiara nun almacén.
Ademais,
os condenados, que con motivo da pena de prisión estarán
inhabilitados para o desempeño destes cargos, tamén deberán pagar
unha multa de 600 euros cada un. Trátase dun mes menos de cárcere e
300 euros menos de multa que os solicitados inicialmente polo
Ministerio Fiscal, xa que os familiares do falecido renunciaron ao
exercicio de accións de reclamación, ao ter sido debidamente
indemnizados pola aseguradora da empresa.
Segundo
a sentenza, á que tivo acceso Europa Press, tras o accidente, que
tivo lugar en torno ás tres da madrugada do 17 de xuño de 2011
nesta fábrica de Reinosa, a decisión que se adoptou non reuniu
"suficientes garantías de seguridade", xa que o intento de
traslado da coada de aceiro fundido non foi cara a un lugar
"suficientemente protexido", e tampouco se "vixiou
expresamente" que todos os operarios estivesen fóra do
perímetro de risco.
Ademais,
as decisións foron tomadas polo encargado de servizo, pero sen a
participación do xefe de planta que, de acordo co fallo, debería
ter detido a produción e buscado unha solución que
"prioritariamente velase pola seguridade dos traballadores".
Fonte:
europapress.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario