Ábrese o prazo para presentar solicitudes de asistencia aos cursos da segunda convocatoria do Plan de formación agrupado 2018 destinados ao persoal das entidades locais da provincia. Este prazo remata o venres, 8 de xuño.
As solicitudes presentaranse a través da plataforma telemática Subtel. Para acceder a esta plataforma deberá ter unha conta de correo activa no Directorio público local. De non tela, solicítea o mais axiña posible na súa entidade a través dos respresentantes de Administración electrónica ou ben dos interlocutores de formación. A activación das contas no Directorio non é automática polo que se tarda en solicitala corre o risco de que se lle pase o plazo de matrícula.
Non se admitirán solicitudes en papel.
Toda a información relativa a esta convocatoria está dispoñible na web de Formación www.dicoruna.es/formacion que conta cos seguintes apartados:
- Bases da convocatoria
- Información dos cursos que se van realizar. Premendo no botón "info" abrirase una ventá con toda a información de cada acción formativa. É moi importante que se fixe nos contidos, destinatarios, sedes e calendario/horario de cada curso. Tome nota dos códigos e títulos dos cursos que lle interesan para poder facer a solicitude na plataforma Subtel
- Compensacións horarias por asístir a cursos fóra de horario laboral (só para o persoal da Deputación)
- Información sobre o novo procedemento de matrícula a través da plataforma Subtel.
Se tes dúbidas en relación co funcionamento de Subtel ou o directorio público local, chame ao CAU no teléfono 981 080 555.
Se precisas algunha aclaración sobre calquera aspecto do Plan de formación agrupado 2018 ponte en contacto coa Sección de Formación da Deputación da Coruña no teléfono 981 080 385.
Ningún comentario:
Publicar un comentario