O prazo de solicitude permanecerá
aberto até o vindeiro 1 de xullo
No DOG deste 31 de maio saen publicadas
as bases das axudas económicas para os traballadores e familias
monoparentais (homes ou mulleres) que se acolleran a unha redución
de xornada para o coidado das crianzas. Estas axudas teñen como
obxecto a conciliación da vida familiar e laboral como medida de
fomento da corresponsabilidade.
Poderán ser beneficiarias destas
axudas as persoas físicas, homes ou familias monoparentais (homes ou
mulleres) que, entre o 1 de xuño de 2017 e o 30 de xuño de 2018
inclusive, tivesen unha situación de redución da súa xornada de
traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos (ou
menores de 12 anos no suposto de que padezan unha discapacidade
recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%).
No suposto de adopción ou de
acollemento familiar, para ter dereito a axuda non poderán ter
transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión
administrativa ou xudicial de acollemento ou adopción e, en todo
caso, a filla ou fillo terá que ser menor de 12 anos.
O prazo para solicitar as axudas remata
o 1 de xullo de 2018.
Requisitos e condicións
Entre outros, deberán cumprir os
seguintes requisitos ou condicións:
a) estar empadroado en Galiza,
polo menos cun ano de antelación ao inicio do período
subvencionado;
b) convivir coa filla ou fillo;
c) de
ser o caso, a persoa cónxuxe ou parella debe estar
traballando;
d) ter uns ingresos non superiores a 5,5
veces o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período
impositivo con prazo de presentación vencido (2016).
Contía
das axudas
A contía das axudas establécese en
función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa
duración, e en atención ao número de fillas e fillos menores de 12
anos, nun abano que vai desde 1.700 € e ata 3.700 €. Cando a
xornada se realice a tempo parcial, ou cando o período
subvencionábel sexa inferior ao máximo (8 meses), as contías das
axudas reduciranse proporcionalmente.
Podes consultar a orde completa das
axudas nesta ligazón ou no arquivo que se achega con esta
nova.
Ningún comentario:
Publicar un comentario