Comisión de Emprego e Seguridade
Social
Esta reclamación consta nunha
proposición non de ley aprobada pola Comisión de Emprego e
Seguridade Social da Cámara Baixa, ante o incremento da
sinistralidade laboral. O texto aprobado tamén solicita a
incorporación na Ley de Prevención de Riscos Laborais dunha
perspectiva de xénero e a potenciación dos servizos de prevención
propios fronte aos servizos de prevención alleos.
Así mesmo o texto aprobado esixe ao
Goberno promover unha reforma da lexislación para "garantir o
desempeño profesional dos técnicos, a independencia dos servizos de
protección e o establecemento de controis públicos que garantan a
calidade das súas prestacións".
Tamén se solicita a aproximación do
número de inspectores á media da Unión Europea, co fin de que
“poidan razoablemente desenvolver as tarefas de control das
condicións de seguridade laboral que a súa Lei de ordenación lles
encomenda”.
O Congreso a través desta iniciativa
tamén solicita repartir entre as comunidades autónomas, “á maior
celeridade posible”, os fondos destinados á prevención, que piden
incrementar, e así “poñer fin á reiterada intromisión
competencial” que, segundo o texto, se está a producir por parte
da Administración central.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario