Tal e como quedaramos na reunión da Comisión Paritaria de Igualdade o Concello de Betanzos cumpre o compromiso en prazo, cousa que é bastante rara nesta Administración e convoca a seguinte reunión para este xoves 14 de xuño ás 11:00 h da mañá na Sala de Xuntas coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Debate da proposta de Regulamento de funcionamento da Comisión.
- Debate de puntos a incluír no estudo diagnose e da necesidade de abrir un período de participación para o persoal do Concello.
- Debate da proposta de Protocolo contra o acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade da comisión.
- Debate de accións a tomar ante o informe de impacto de xénero da Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre Mulleres e Homes na Negociación Colectiva, adscrita organicamente ao Consello Galego de Relacións Laborais, sobre o convenio do persoal laboral do Concello de Betanzos.
- Rogos e preguntas
É unha boa nova que esta necesaria comisión comece a traballar con esta axilidade e agardamos que este xoves se aprobe o regulamento de funcionamento, así como o Protocolo contra o acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade. Así mesmo, a CIG trasladará algunhas cuestións que considera que deben tratarse neste organismo de cara a solucionar algún posible conflito existente nesta liña nesta Administración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario