SENTENZA
A sentenza obriga á empresa, dedicada
ao traslado de enfermos, a indemnizar a un condutor de ambulancia,
que foi despedido ao ser declarado non apto para o traballo que viña
realizando, consecuencia dunha lesión nas costas ao tentar levantar
a un paciente que sufría de sobrepeso. O xuíz acepta a legalidade
de non prolongar o contrato, porque o traballador non pode seguir
conducindo ambulancias polo risco que sofre a súa saúde e a dos
enfermos que debe transportar, e responsabiliza á empresa da lesión
que sufriu o traballador, por non evitar que esta doenza se
producise.
A empresa terá que abonar ao
traballador un total de 47.713 euros; desa cantidade unha parte xa
foi abonada no momento de presentación da carta de extinción do
contrato de traballo.
O traballador demandou á empresa ao
entender que se actuou dunha forma incorrecta con el, prescindindo
dos seus servizos por estar enfermo, cando a lesión que lle
incapacitaba, produciuse durante o traballo. Así na demanda
denunciaba que a empresa non corrixira ou minorado o risco do
persoal que se encarga de trasladar aos pacientes. E lembrou que é
obrigación de toda empresa procurar os medios necesarios ao
traballador para evitar que estes riscos se produzan.
O xuíz conclúe que a empresa non
cumpriu coas súas obrigacións de garantir a saúde e a seguridade
do traballo. Considera que, aínda que é imposible que o condutor
poida reincorporarse ao seu antigo posto de traballo, entre outras
cousas porque se declarou a súa incapacidade permanente polas súas
lesións na columna, iso non evita que se valore a responsabilidade
da empresa por non adoptar as medidas suficientes para evitar esta
doenza. Por iso, o maxistrado obriga á empresa para indemnizar ao
traballador despedido.
Fonte: Diario de Mallorca
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario