PRIMEIRO. Que o
Concello de Betanzos ten na actualidade vixentes unhas listaxes de
substitución para distintos postos de traballo nesta Administración
local.
SEGUNDO. Que na
actualidade hai dous servizos que teñen baixas que poderían ser
cubertas coas devanditas listaxes e o Concello teima en non
contratar a ninguén para as substitucións. En concreto, é o caso
dunha técnica de xardín de infancia da Escola Infantil Municipal e
mais un traballador de limpeza de rúas que leva de baixa máus dun
mes.
TERCEIRO. Que a
non cobertura das baixas laborais está a provocar problemas nos
servizos mencionados e deriva nun exceso de carga laboral para os
traballadores do Concello, toda vez que o Concello non ten
adxudicado ningún contrato por estes servizos e deben ser
desempeñados exclusivamente por persoal municipal.
CUARTO. Que na
páxina web actual non constan estas listaxes existentes e non se
actualizan periodicamente con base aos chamamentos efectuados.
Por tanto, SOLICITOULLE:
PRIMEIRO. Que o
Concello de Betanzos cubra de inmediato as baixas dos traballadores
dos servizos mencionados e que o precisen para garantir que os
servizos públicos se presten nas mellores condicións posibles.
SEGUNDO. Que o
Concello de Betanzos publique na páxina web as listaxes de
substitución vixentes, así como as actualizacións dos chamamentos
que, no seu caso, se realicen en cada momento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario