Xa o propio Comité de Empresa lle transmitiu ao concelleiro de Persoal que a pésima xestión do Concello de Betanzos no conflito derivado da negativa ao pagamento das indeminizacións por asistencia a tribunais do persoal do Concello de Betanzos reperticutiu nunha perda notable, especialmente para o persoal laboral. Debido a isto, a CIG deixou constancia no rexistro da seguinte queixa:
PRIMEIRO. Que o Concello de Betanzos, logo de sete anos sen pagar as
indemnizacións por asistencia a tribunais, que están reguladas pola
lexislación vixente, pagou, xunto coa nómina do mes de maio de 2018
algunhas das pendentes de anos anteriores.
SEGUNDO. Que segundo nos indicaron, pagáronse un ano de atrasos ao
persoal laboral e catro anos ao persoal funcionario, mais que nos
casos en que había unha solicitude expresa este prazo interrompeuse
e pagáronse aínda que fosen de máis dun ano e catro
respectivamente.
TERCEIRO. Que a nefasta xestión do Concello nesta cuestión derivou
en que moitos traballadores e traballadoras, especialmente laborais,
perderon as indeminizacións por asistencia a tribunais durante anos
e agora, no momento en que se aplica a lexislación vixente, como os
prazos de atrasos son diferentes para laborais e funcionarios, isto
repercutiu en que o persoal máis afectado por esta situación foi o
persoal laboral.
CUARTO. Que, a maiores, temos coñecemento de que hai persoal que
efectivamente fixo as solicitude por escrito e rexistro e, a pesar
disto, o Concello non lle pagou as indeminizacións, parece ser que
baixo a escusa de que só pagou os procesos selectivos que tiveron
concurso-oposición, o que é unha clara discriminación tendo en
conta que un tribunal dun proceso de selección ten que constituírse
e reunirse o mesmo para un proceso con concurso-oposición, que de
con concurso ou con oposición e independentemente do número de
reunións que deba ter.
QUINTO. Que o Concello tampouco pagou o asesoramento nos tribunais do
persoal que formou parte en calidade de asesor/a a pesar de que hai
constancia de que efectivamente participaron asesorando nos
devanditos tribunais e mesmo teñen, en moitos casos, decretos de
nomeamento como asesores/as. Por outro e aínda que así non fose, se
o Concello non fixo un decreto de nomeamento non é un problema do
persoal, é un problema de tramitación do propio Concello que non
ten porqué pagar o persoal afectado.
E solicitoulle ao Concello de Betanzos o seguinte:
PRIMEIRO. Que o Concello trate en igualdade de condicións ao persoal
laboral e funcionario e evite este tipo de nefastas xestións que
derivan en discriminacións e perda de cartos, en diferentes
condicións, para os traballadores e traballadoras.
SEGUNDO. Que o Concello non discrimine no pagamento das
indemnizacións por asistencia a tribunais tendo en conta o tipo de
proceso selectivo, posto que debe pagar as devanditas indemnizacións
sempre que haxa unha reunión do tribunal e lle pague as devanditas
indemnizacións a todo o persoal que o solicitou expresamente,
seguindo o criterio que levou a cabo co resto de casos.
TERCEIRO. Que o Concello lle pague as indeminizacións por asistencia
a tribunais ao persoal que participou nestes en calidade de asesor/a.
Ningún comentario:
Publicar un comentario