Lembramos o artigo 74 do Convenio colectivo do persoal laboral, especialmente para os/as compañeiros/as pendentes da xubilación e para lles lembrar que soliciten EXPRESAMENTE POR ESCRITO E EN REXISTRO que lles paguen a gratificación consistente en tres mensualidade do salario unha vez que se xubilen, posto que o Concello non informa deste tipo de dereitos.
Artigo
74. Xubilación
1.
A xubilación dos/as traballadores/as poderá ser:
a)
Voluntaria, a solicitude do/a traballador/a.
b)
Pola declaración de incapacidade permanente para o exercicio das
funcións propias do seu posto de traballo, ou polo recoñecemento
dunha pensión de incapacidade permanente absoluta ou incapacidade
permanente total en relación co exercicio das funcións do seu corpo
ou escala.
c)
Parcial. De acordo co establecido na lexislación vixente.
2.
Procederá a xubilación voluntaria, por pedimento do/a interesado/a,
sempre que o/a traballador/a reúna os requisitos e condicións
establecidos no réxime de Seguridade Social que lle sexa aplicable.
3.
Procederá a xubilación parcial, a solicitude do/a interesado/a,
sempre que o/a traballador/a reúna os requisitos e condicións
establecidos no réxime de Seguridade Social que lle sexa aplicable.
4.
No momento da xubilación, o persoal laboral suxeito a este convenio
percibirá unha gratificación consistente en tres mensualidades do
salario.
5.
En todo o non regulado neste artigo en materia de xubilación,
estarase ao disposto no sistema de xubilación previsto para o
persoal funcionario da Administración local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario