O Xulgado do Social Nº 10 de Bilbao,
condenou ao Departamento de Xustiza do Goberno Vasco a indemnizar a
un funcionario dun xulgado por danos físico-psicolóxicos e morais
sufridos a consecuencia dun conflito que tivo lugar no centro de
traballo, por non contar cun plan de riscos laborais para atallar a
situación. Na sentenza o xuíz considera que existe
“responsabilidade por danos e prexuízos” do departamento vasco
de Xustiza derivada do “incumprimento” da Lei de Prevención de
Riscos Laborais.
O funcionario demandou ao Gobierno
Vasco polos danos físico-psicolóxicos e morais padecidos no seu
centro de traballo; estos danos teñen a súa orixe nun conflito
entre o persoal do mesmo xulgado, motivado “máis por malas
relacións persoais que por razóns de traballo”, segundo admitiron
os implicados/as. No fallo considérase que este non é un caso de
acoso laboral, senón un “conflito no ámbito das relacións
laborais que debeu ser previsto e tido en conta pola Administración
para evitar a situación de deterioración á que se chegou”.
Esta situación consistía “en esencia, en dous bandos diferentes
do persoal coas súas rifas, rancores e faltas de consideración e
respecto”, explica a resolución xudicial. No 2014 xa se informara
á Administración da existencia de “mal ambiente laboral” entre
os funcionarios/as, a raíz do que se contratou unha empresa que en
2015 determinou a existencia dunha situación de “risco psicosocial
grave” por un “conflito intergrupal” no centro de traballo en
cuestión. O funcionario demandante chegou a ser destinado a outra
sala xudicial en xaneiro de 2016, aínda que un xulgado do
contencioso-administrativo determinou en xuño dese ano que o
traballador debía ser reposto no seu centro orixinal.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario